Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Concerto do Mestre Xosé Romero

14.02.12

cartaz xose romeroCONCERTO XOSÉ ROMERO
DÍA: sábado 18 de febreiro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo

O mestre gaiteiro Xosé Romero presenta o seu último traballo discográfico acompañado do grupo Taghaitaí, dos cales forman parte os músicos Manolo Maseda, Iván Costa, Lola Fernández e Edelmiro Fernández.
O concerto está organizado e patrocinado polo Concello de Rianxo e baixo a producción de Tradistudios.

Entrada de balde, comezarán a repartirse unha hora antes do concerto (máximo 2 por persoa)

   

III Mostra Musical Eixo Atlántico

13.02.12

eixoatlantico0 Eixo Atlántico convoca a terceira edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico co fin de recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da Música, apoiando a aqueles músicos intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuír á difusión do gusto pola Música de Galicia e o Norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación no panorama musical do Eixo Atlántico.

A III Mostra Musical do Eixo Atlántico terá lugar no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa os días 12 e 13 de maio de 2012.

As inscricións deberán ser enviadas directamente o correo electrónico de contacto que se sinala nas bases e nas follas de inscrición ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo " target="_blank"> Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ata o 5 de marzo de 2012.

As cidades terán ata o día 10 de febreiro para enviar, se as tivesen, suxestións tanto de persoas para integrar o xurado como de músicos e compositores destacados do Norte de Portugal ós que poder homenaxear nesta III edición.

Máis info: http://www.edu.coruna.es/portada/actividades_municipales/apertura_inscricions_iii_mostra_musical_do_eixo_atlantico

   

En breve coñeceranse os finalistas dos Premios Opinión

13.02.12

 

premiosopinionA semana que vén coñécense os finalistas dos PREMIOS OPINIÓN.

Logo de estar dez anos premiando aos tres mellores álbumes do ano, nesta ocasión amplíase o panorama de premios. A semana que vén publicaremos os finalistas nas tres categorías nas que agora se divide o galardón. Ademais de continuar premiando ao mellor disco anual de música folk, o evento engade os recoñecementos á mellor canción orixinal e ao mellor artista do ano. Nesta última categoría o premio será entregado a unha persoa, deixando fóra o labor dos colectivos.

Contaremos con catro finalistas por cada categoría, aínda que un empate fará que nesta primeira edición do novo formato dos nosos premios sexan cinco as pezas que opten ao galardón de mellor tema orixinal.

Os gañadores serán dados a coñecer na propia gala de entrega dos galardóns, que terá lugar no vindeiro mes de maio.

   

Presentacións da Revista Galega de Educación adicada aos xoguetes

13.02.12

 

revista galega de educacinA Revista Galega de Educación continúa coa súa rolda de presentacións. Para a vindeira semana, hai marcadas na axenda as seguintes citas:

-         Mércores 15:

  • Presentación do número 50“25 anos de RGE”e do número 51“Os xoguetes tradicionais”en Pontevedra.

              Lugar: Libraría Michelena

              Hora: 19:30 h.

 -         Xoves 16:

  • Presentación do número 50“25 anos de RGE”e do número 51“Os xoguetes tradicionais”en Foz.

              Lugar: CENIMA

              Hora: 18:30 h.

  • Presentación do número 50“25 anos de RGE”e do número 51“Os xoguetes tradicionais”en Boiro.

              Lugar: Centro Social

              Hora: 19 h.


   

Recital Musico-Poético GalizaMúa!

10.02.12

galizamuaCo convencemento de que as casas, palleiras ou talleres son palcos de alimento pro corpo e espíritu, Ugia Pedreira e Marina Oural inician viaxe co RECITAL MÚSICO-POÉTICO: GALIZA MUÁ! La Bretagne (oeste da Franza) é o seu primeiro porto, amigo ancestral de cando A Mariña Luguesa e a costa bretona seica se uniron polos ventos alá polo século V e se asentaron nas costas galegas os primeiros bretóns. Por iso agora comezan a súa singradura en barco, transporte natural que uniu estas terras. Van cantar e recitar o que senten sen máis, iniciar unha travesía que ben poidera ser, na historia, de irmás.


Ugia Pedreira accede á a súa voz máis íntimísima e ás súas composicións máis gardadas. Marina Oural atrévese a verse con ela desde as palabras sentidas pola vida e recitará os versos que lle saíron da alma.

Os mundos delas atóparonse nas Altas Terras do Norte, na palabra e na música co sentido tácito que dá um espazo-tempo na aldea, desde unha infancia cruda e riquísima a unha adolescencia soñadora mar por medio.

Actuacións e datas:

- Atelier Charpente de Marine. Philippe Simon. 10 de febreiro de 2012

- Casa Bain-de-Bretagne, Rennes. 11 de febreiro 2012

 

http://www.folque.com

   

Rescatar ao Gaiteiro Verde

10.02.12

 

gaiteiro verdeO Centro Cultural Rosalía de Castro, de Domaio, acollerá este sábado a partires das 18.00 horas a presentación do traballo "O Gaiteiro Verde", un libro acompañado dunha interpretación musical na que o mestre gaitero, Xavier Blanco, explica a evolución da música tradicional partindo dos instrumentos confeccionados directamente con elementos extraidos da natureza. O proxecto foi idea do exedil Diego Riobó, falecido en setembro. A actuación desta fin de semana servirá como un recoñecemento ao seu traballo a prol da dignificación da música tradicional así como da súa implicación na vida cultural moañesa.
Prema no título para ver a nova ao completo
   

Chegan os Grammys Galegos

10.02.12

grammy galegosO Var con Uve entrega os seus Premios dá Música, o 17 de marzo, con Vicente Araguas, Luar na Lubre e Anxo Lorenzo entre os galardoados

Achégase marzo e, por terceiro ano, entregaranse os Premios dá Música Var con Uve, uns galardóns que reúnen en Moaña aos personaxes e grupos máis destacados da escena tradicional galega. O cantautor e fundador de Voces Ceibes Vicente Araguas será o gran protagonista dunha gala na que tamén se premiará ao gaiteiro Anxo Lorenzo, aos grupos Luar na Lubre e Ludovaina, á Agrupación Cultural Folclórica Breogán e ao grupo de canción de taberna Trío Ruada. Mención especial terá o trompetista moañés José González Galo (Pepe Chiné).

Prema no tútulo para ver a nova ao completo

 

www.farodevigo.es

   

Picuiña no MatamáFolc

08.02.12

picuia matamaO vindeiro venres día 10 o cuarteto Picuiña estara tocando no furancho MatammáFolc  a partir das 23 horas.

   

Xira de Treixadura

08.02.12

treixadura1O grupo realizara unha xira por teatros que na que, de momento, están confirmados os concertos en Vilagarcía de Arousa e Narón, mentres se está a xestionar a presentación do novo disco noutras grandes cidades de Galicia.

O vindeiro 11 de Febreiro Treixadura subirá ao escenario do Pazo da cultura de Pontevedra para presentar en directo o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada”. Un disco que toma forma dende o son máis tradicional do grupo, e os cantos populares, que ben souberon reflectir coa colaboración dos coros decanos de Galicia “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela) , “Cántigas da Terra” (A Coruña), “Real coro Toxos e Froles” (Ferrol) e “Coral De Ruada” (Ourense).

   

Leilia no posto 9 na World Music Chart Europe

07.02.12

 

worl music"CONSENTIMENTO", entra no número 9 das listas máis importantes da world music en Europa. Esta lista está elaborada por 49 locutores con programas nas radios publicas de 24 países de Europa.

   

Páxina 209 de 265