Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Concerto-Presentación do CD de Agustín Sánchez “Pezas de aquí e acolá” na Tradescola

16.04.12

cartaz concerto agustn snchez comprimO vindeiro mércores 25 de Abril, ás 21.00 horas, terá lugar o concerto – presentación do novo disco de Agustín Sánchez “PEZAS DE AQUÍ E ACOLÁ” na TRADESCOLA, ( Rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo)

“Pezas de aquí e acolá” é o título do primeiro traballo discográfico de Agustín Sánchez dedicado integramente á formación de cuarteto tradicional, no que se recolle unha selección das súas composicións e arranxos para esta formación. Partindo sempre da tradición do seu lugar de orixe, Galiza, Agustín introduce algúns dos ritmos e xéneros más representativos do novo continente, achegándonos a países como Arxentina, Venezuela, Cuba ou EE.UU, e empregando unicamente a sonoridade propiciada polas gaitas e a percusión tradicional. Así pois, nos 12 temas que compoñen este traballo mestúrase a muiñeira, a xota e o pasodobre con temas como “Swing con grelos”, “Comodoro”, “Almendrón” ou “El Marabino”, nos que se percibe claramente o sabor propio do swing, tango, danzón e o valse venezolano.

O concerto correrá a cargo do Cuarteto Tradicional “Farrapos de ghaita”, fundado o pasado ano co gallo da presentación do disco. “Farrapos de ghaita” quere rendir tributo á formación de curateto tradicional, pero facéndoo dun xeito distinto e innovador, onde a composición, o arranxo e a importación de novos ritmos e xéneros musicais son factores esenciais, sen renunciar por suposto ás súas raíces: a música tradicional galega. Os seus protagonistas son Suso Moreira (gaita), Agustín Sánchez (gaita), Noa Migal (tamboril) e Pablo Pardo (bombo), excelentes músicos cunha ampla experiencia no eido da música tradicional.

 

   

Ruada en Cabaleiros

16.04.12

cartaz cabaleiros pequenoDespois de tres anos de non parar, por cuarto ano consecutivo chega a sonada, a esperada... 

Ruada de Cabaleiros  (Ruada da Pontepedra para os mais localistas). 

A organización corre da man da Asociación Cultural Brisas do Quenllo da Pontraga, pero precisan colaboración pois, tal como o palleiro non se fai sen palla, a festa non se fai sen bos festeiros.

Queren, logo, contar con todas e todos vós para facer, entre todos, unha festa do melloriño. Con cantador@s, tocador@s, beilador@s...

O 21 de abril  é o dia grande da festa, na Pontepedra, mesmo no corazón de Tordoia, na Sala Calviño, ó abrigo, non vaia ser que nos colla a auga por  sorpresa.

Déixate guiar pola xente máis veterana e achégate ata a festa, boa onde as haxa: http://www.youtube.com/watch?v=souuwmDM6g4&;feature=youtu.be

   

Falecemento de Amelia Martínez (Meli)

13.04.12

Hoxe temos que informar dunha triste nova, no día de hoxe faleceu Amelia Martínez (Meli), a muller de D. Henrique Otero Covelo. Dende a AGG queremos achegarlle o noso máis sentido pesar á familia e amigos, e dunha forma especial a D. Henrique, membro destacado e ben querido do colectivo da música tradicional.

A capela ardente estará, a partir de hoxe venres, no tanatorio VIGOMEMORIAL, na Avda. da Ponte 106 Bembrive - Vigo (Subida Vigo Puxeiros,salida 663 - Universidade).
Mañá día 14 ás 18.00 horas terá lugar unha misa na capela do tanatorio, e ao finalizar esta, terá lugar a cremación.
 
Asimesmo, informamos tamén que o luns día 16 ás 19.00 horas terá lugar a misa de funeral na Igrexa de Santa Cristina de Lavadores (Vigo).
 
   

Os músicos Germán Díaz e Monxardín encabezan esta fin de semana en A Fonsagrada o Proxecto Florencio

12.04.12

scalecab91fqnOs músicos galegos que participan no Proxecto Florencio, de aprendizaxe e investigación sobre música popular, celebrarán esta fin de semana unha especie de ensaio xeral en A Fonsagrada, municipio no que ten a sua orixe a iniciativa e no que naceu e viviu Florencio dos Vilares, considerado o último cego violinista e trovador.

Tras un período de inscripción inicial, dende decembro se celebran en Lugo ensaios dous sábados ao mes. Esta fin de semana as actividades trasládanse á vila fonsagradina e incluen unha visita ao Museo Comarcal. O prestixioso zanfonista Germán Díaz é o coordinador musical. Para a fin de semana tamén está prevista a participación do premiado gaiteiro fonsagradino Brais Monxardín.

O calendario do proxecto, inclue talleres sobre presencia escénica e presentacións en A Fonsagrada e Lugo. O obxetivo é que os músicos estudien a figura e o repertorio do trovador dende diferentes perspectivas. Os ensaios rematarán en xuño.

www.lavozdegalicia.es

   

Ardentía na Gentalha do Pichel (Compostela)

12.04.12

ardentiaO grupo Ardentía presenta o seu quinto traballo discográfico "Vintage" o vindeiro venres 13 de abril ás 22:30 horas no C. S A Gentalha do Pichel

   

Amigos dá Pandeireta organiza obradoiros de percusión e canto tradicional (Monforte)

11.04.12

pandeiretaA asociación cultural monfortina Amigos dá Pandeireta organiza unha serie de obradoiros de percusión e canto tradicional que serán impartidos respectivamente por Xosé Maceda, músico do grupo Quempallou, e Bea Berao, directora dá escola musical Bing Bang. As clases impartiranse non local dá asociación e a matrícula custará dez euros para vos non socios. As inscricións poden facerse non teléfono 661 001 287. Haberá sete xornadas dedicadas ao tamboril e á pandeireta e cinco sobre canto.

   

Zona da Zanfona 2012: a imaxe

11.04.12

2zonazanfona2012Descúbrese a imaxe para este Encontro Internacional de Zanfona que levará no 2012 a zanfonistas de toda Galicia a concentrarse entre o 20 e 22 de abril na vila mariñeira de Rianxo. A imaxe destes encontros son un carácter distintivo da marca creada ao redor deste instrumento desde aCentral Folque que leva achegando aos mellores instrumentistas de Europa desde o ano 2005. E con obxetos cotiáns que se accionan por manivela de moi diferente natureza, para esta edición o trebello elexido é un pasapuré, dos de toda a vida. O deseño, composición e foto son, coma sempre, de Pablo Giraldez "O Pastor", artista de Redondela.

 

http://www.folque.com

   

VIII Encontro Internacional de zanfona

10.04.12

encontro zanfonaParecía que non ía chegar pero por fin está aquí o encontro internacional sobre a zanfona en Galicia. Con novedades (novo nome, nova data, novo lugar) e moita forza (no só un mestre europeo convidado, senón dous!) para seguir sendo o centro aglutinador sobre as novas tendencias do instrumento e catalizador da catarse colectiva dos zanfonistas galegos.

As datas desta Zona da Zanfona, un encontro para profesionais, amadores, curiosos, neófitos e iniciados serán os días 20, 21 e 22 de abril en Rianxo e nos vindeiros días iremos desvelaranse máis detalles. Por agora, unha interrogación sobre a imaxe escollida para esta edición deseñada por Pablo Giraldez "O Pastor"

 

http://www.folque.com

   

Xa está á venda Vellas novas, o novo disco de Quempallou

03.04.12

vellas novas quempallouO cuarto disco de Quempallou, Vellas novas está xa dispoñible en edición dixital e agárdase a súa chegada ás tendas a partir desta semana. O volume achega 12 novos temas nos que se mesturan letras tradicionais con novos arranxos e composicións propias, mantendo unha sonoridade na que percusións tradicionais, acordeón e cordas serven de base para frautas, gaitas e voz. No web do grupo pódense escoitar xa os temas Na Habana e Foliada do viño.

O grupo comeza o vindeiro 13 de abril a xira de presentación do traballo no Bar Liceum (O Porriño). Os concertos seguirán o 14 de abril noAturuxo (Bueu), o 17 de abril na Casa das Crechas (Compostela), o 20 de abril na Auriense (Ourense), o 27 de abril no FNAC e na Cova Céltica (A Coruña), o 28 de abril na Sala Super 8 (Ferrol), o 5 de maio na Festa do Muiño de Coiro (Cangas) e mais o 16 de maio Fábrica de Chocolate (Vigo).

   

Xa dispoñible a revista Sons da Galiza 21

03.04.12

 

sons da galizaXa está dispoñible na rede o número 21 da revista Sons da Galiza, correspondente aos meses de marzo e abril. Co retorno de Heredeiros da Crus como bandeira, a nova entrega da publicación atende tamén ao traballo de recreación de roupa tradicional de Patricia González, á presentación do grupo Agrumar, nado na E-Trad de Vigo, e entrevista o pintor Rafael Freijeiro. Unha partitura para gaita e un repaso dos novos lanzamentos discográficos completan o número.

 

http://www.sonsdagaliza.es/

   

Páxina 203 de 265