AGG
Aturuxo 20
17.08.22
Un ano máis traémosvos unha nova edición do Aturuxo "O Voceiro da AGG", xa podedes disfrutar del na súa publicación en dixital no enlace: https://issuu.com/agg./docs/aturuxo_20
Os contidos desta edición son os seguintes:
Editorial
A AGG: Actividades 2020
Tradescola. Curso 2019-2020
REPORTAXES:
Torneados, eskeuromorfismo e determinismo xeográfico nas gaitas de fol do noroeste peninsular. Pablo Carpintero
Anotaciones acerca del uso de la tronpa o mosuguitarra en el País Vasco Juan Mari Beltrán
O tambor: pasado, presente e futuro. Andrés Vilán
Recursos de improvisación para acompañamento con pandeireta. Alejandra Montero
O xeito de bailar en Zobra. Luís Prego
O xeito de bailar en S. Pedro de Carcacía. Unha ollada á paisaxe cultural do lugar. Julia Pozo
A Danza de Espadas de Redondela. Apuntamentos sobre a música e os músicos. Oli Xiráldez
Mulleres que contan… ou da importancia do traballo de campo na posta en valor da música de tradición oral. Xulia Feixoo
Introito: ás notacións das técnicas estendidas na gaita de fol do século XXI. Erick Feles
Non é a frecha… É o indio. Os límites da gaita. Cristian Silva
Da memoria xenética á técnica de gaita. David Bellas
A frauta travesa na música tradicional e folk da Galiza. Uxía García Conde
A fabricación aditiva nos instrumentos de vento madeira. Suso Gestal
ENTREVISTA: Xoán Manuel Tubío Fernández
HOMENAXE: Lola da Coruñesa
PARTITURAS: Tocando a Xosé Marentes
Esperamos que desfrutes da súa lectura e aprendizaxe.
2º encontro Celme de Zanfona en Lugo
27.05.22









Xornadas de frauta (EN LIÑA)
07.11.20
A Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG) organiza o vindeiro sábado 14 de novembro, unhas novas xornadas, nesta ocasión centradas na frauta e as cales se poderán ver en liña.
Nelas contaremos con relatorios de investigación que abordarán aspectos como “A frauta travesa na música tradicional e folk da Galiza” da man de Uxía García ou “A requinta de Avelino Figueroa” con Sabela Galbán, e nas que para o peche contaremos co concerto “O cantar dos frautares” con Xosé Liz.
Con estas “Xornadas de Frauta” (en liña), levadas a cabo ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, e coa participación da Fundación Rosalía de Castro, dende a AGG buscamos amosar a riqueza existente na cultura tradicional galega e incidir na gran importancia que teñen os traballos de investigación para poder coñecer, preservar e transmitir as nosas tradicións.
PROGRAMA:
11.00 - Relatorio I: “A frauta travesa na música tradicional e folk da Galiza. Tipoloxías e utilizacións”. Uxía García
12.15 - Relatorio II: “A REQUINTA DE AVELINO FIGUEROA. Catalogación, ficha técnica e proceso de construción”. Sabela Galbán
16.00 – Concerto: “O cantar dos frautares”. Xosé Liz
LUGAR: EN LIÑA
DATA: Sábado 14 de novembro de 2020
Máis información: 986 84 70 74 - 982 22 99 66 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Centenario do nacemento de Ricardo Portela, O Gaiteiro de Viascón
04.11.20
Tal día coma hoxe, 4 de novembro de 1920, estaba a nacer en Viascón (Pontevedra) o que sería un dos gaiteiros máis senlleiros da segunda metade do século XX. Un cento xusto de anos despois, está a punto de ver a luz, tamén en Viascón, na súa “Casa da Gaita”, a segunda edición da biografía de Ricardo Portela, escrita por José Luís Calle e actualizada por el mesmo para esta efeméride. Como non podía ser de outro xeito, a Asociación de Gaiteirxs Galegxs, da que Ricardo foi fundador e primeiro presidente, pon o seu grao de area coa edición deste volume para manter viva a esencia da súa filosofía como home e como gaiteiro.
De seguro que esta Asociación non sería o mesmo ou, mesmo, non existiría de non ter nacido Portela. Tampouco sería igual a música tradicional. Ricardo foi o primeiro en sacar á luz, da man tamén de J. L. Calle, músicas de vellos gaiteiros que durmían nos arquivos do Museo de Pontevedra. Músicas que, logo de pasar polas súas mans, polo seu filtro, empapáronse da súa esencia e saíron convertidas en pezas de arte, de culto, como adoita a dicirse hoxe.
Aquel 4 de novembro naceu un mestre, un guía, un líder e un exemplo a seguir para xeracións de gaiteiros e gaiteiras que hoxe tocan e senten a gaita ao xeito de Portela. Neste 4 de novembro de 2020, os que tivemos a sorte de coñecelo, de falar con el e de sentilo tocar, non podemos máis que felicitarnos da conxunción astral que permitiu o nacemento de tan insigne gaiteiro.
Sirvan, pois, estas liñas para lembrar o aniversario das dúas palabras verbo da gaita galega: Ricardo Portela.
Tradición en Feminino
08.11.19
A AGG organiza o vindeiro sábado 23 de Novembro en Arcos, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, a actividade Tradición en Feminino, coa que queremos reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural. Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición tocando, cantando e bailando a través de obradoiros prácticos, unha charla e unha mesa de debate.
PROGRAMA:
10.15 - Apertura e entrega de documentación
10.30 - Obradoiro I
“Pandeirada en Liñares. Repertorio vocal acompañado de percusión de man nos anos 1993 e 1995”. Carme López
12.15 - Obradoiro II
“Fouleada en Arcos coas informantes”. José Codesido
14.15 – Xantar
17.00 - Relatorio
“A pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña”. Branca Villares
18.00 – Mesa debate
“Mulleres e roles de xénero na transmisión oral”. Branca Villares, Carme López, Nuria Gesteira. Modera Marina F. Vigo.
LUGAR: Casa da Cultura de Mazaricos (Castelao, 1 - A Picota)
DATA: Sábado 23 de novembro
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da, que disporán ata o martes día 19 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
Animádevos a participar!!! Esperámosvos!!!
O Serán desta aldea: "Cernadela"
18.10.19
O vindeiro domingo 3 de novembro organizamos, coa colaboración do Concello de Mondariz e a Deputación de Pontevedra a segunda edición de O SERÁN DESTA ALDEA. Xornada do Baile Comunal, unha xornada lúdica onde compartiremos tradición, tocando, cantando, bailando e homenaxeando ás tocadoras e beilladoras da aldea protagonista, de xeito que poidamos reivindicar ás nosas grandes mestras da tradición e colaborar a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser.
Esta edición estará adicada a Cernadela (Riofrío, Mondariz), e nela teremos a ocasión de asistir a un obradoiro de pandeireta impartido por Leni Pérez, "A pandeireta en Cernadela"; o relatorio “Máis alá dos grupos, o fenómeno das ‘Nueches en danza’ en Asturies” da man do etnomusicólogo Llorián García; e ao obradoiro de baile que impartirá Pichi Abollado "O baile en Cernadela". Ademais poderemos desfrutar das propias protagonistas que nos contarán as súas experiencias.
Programa
10.45h. Inauguración
11.00h. Obradoiro “A pandeireta en Cernadela”.
13.15h. Relatorio “Mais alá dos grupos, o fenómeno das ‘Nueches en danza’ en Asturies”.
14.30h. Xantar de confraternización.
16.30h. Obradoiro “O baile en Cernadela”.
18.30h. Descanso
18.45h. Conversa e homenaxe ás pandeireteiras de Cernadela (Riofrío, Mondariz).
20.00h. Serán
Aforo limitado. A asistencia é de balde previa inscrición. Asimesmo, o xantar de confraternización terá un custo de 15€ /persoa e é preciso inscribirse antes do día 1 de novembro para asistir ao mesmo.
Podedes realizar as inscricións a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo " ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966
A frauta de 3 furados e o tambor protagonistas dunhas novas xornadas organizadas pola AGG.
10.10.19
A AGG, en colaboración coa Deputación de A Coruña e a Casa de Rosalía, organiza durante a última fin de semana de outubro o monográfico “CON 3 DEDOS E 1 PAU”, xornadas teórico-prácticas sobre frauta e tambor.
Será os días 26 e 27 de outubro, sendo o sábado para a parte práctica, cun obradoiro de frauta e tambor repartido en 3 horas de maña e 3 horas de tarde impartido por Luis Mondelo. E o domingo para a parte teórica, con 1 charla-concerto na que Alberto Jambrina, Luis Mondelo e Pablo Carpintero nos farán un percorrido sobre a frauta de 3 furados e o tamboril na Península e Baleares, achegándonos a súa historia, evolución e relación coa gaita de fol.
PROGRAMA
SÁBADO 26
10.30 – 13.30 Obradoiro de frauta e tambor. Luis Mondelo
13.30 - Xantar
16.00 – 19.00 Obradoiro de frauta e tambor. Luis Mondelo
DOMINGO 27
10.30 – 13.30 “A frauta de 3 furados e o tamboril na Península e Baleares: Historia, evolución e relación coa gaita de fol”. Alberto Jambrina, Luis Mondelo e Pablo Carpintero
DATA: Sábado 26 e domingo 27 de outubro
LUGAR: Casa de Rosalía (Padrón)
De balde previa inscrición (*). Prazas limitadas
(*) @s soci@s da AGG terán un prazo preferente ata o venres 18 para inscribirse, e partir desa data si quedan prazas dispoñibles, cubriranse co resto de solicitudes de inscrición, por orde de chegada.
INSCRICIÓNS (*): Nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
"Parrafeos e outras hestorias" no Recuncho da Palleta
20.09.19
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Guillerme Ignacio aportarános algúns parrafeos e romances do seu arquivo persoal.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
A Tradescola suma unha nova materia as súas ensinanzas
19.09.19
Neste curso 2019-2020 a Tradescola amplia as súas ensinanzas incorporando ao seu haber a materia "Ritmos e xéneros da música de tradición oral galega. Repertorio instrumental e cantado: Clasificación e análise".
Esta materia pode servir para comprender de xeito máis profundo e amplo a música tradicional tanto para intérpretes como para calquera persoa interesada nela. O apoio bibliográfico aportaranos unha visión das publicacións máis relevantes no estudo da música de tradición oral galega, fundamentais para o estudo de calquera tema relacionado con ela. Ademais, o análise musical pode axudar a un mellor entendemento das partituras á hora da interpretación, ademais de ser un punto interesante para a preparación de probas de acceso para o corpo de mestres de música.
A materia ritmos e xéneros pretende abordar a música de tradición oral e popular galega dende unha perspectiva académica próxima á etnomusicoloxía, aportando polo tanto un marco teórico aos diferentes estudos instrumentais que se desenvolven na escola.
A materia divídese en dous grandes bloques: por unha banda a clasificación en ritmos e xéneros das melodías da tradición oral e popular galega, e por outra banda o seu análise.
En canto á clasificación, esta materia axudará a crear unha visión ampla e xeral da música de tradición oral, intentando axuntar diferentes criterios de clasificación e descrición destas músicas, atendendo á gran disparidade de pautas á hora de abordar este tipo de coñecemento. Para isto, as fontes documentais fundamentais para esta materia asentaranse nos diferentes cancioneiros que se dedican á música de tradición oral galega ademais de diferentes estudos e publicacións musicolóxicas tanto a nivel galego como estatal. Todo isto tendo como finalidade a proposta dunha tipoloxía de clasificación que se apoie nas distintas visións dos estudosos do tema pero sen esquecerse da fonte fundamental: as e os informantes que son verdadeiros protagonistas de todo isto, responsables da preservación da transmisión da tradición. Ademais, vencellarase toda a formación teórica coa escoita de audicións que exemplifiquen o estudado.
Sobre o análise debemos facer fincapé na diferenza de base do análise de músicas de tradición oral respecto da música académica. Debido á natureza diversa de ambas, fai necesario que cadansúa conten cun análise particular, centrado nas características propias de cada música. Deste xeito proponse para a materia un análise de música de tradición oral baseado nos estudos de Dorothée Shubarth e Sergio de la Ossa.
A AGG organiza as VII Xornadas arredor da Música Tradicional
10.09.19
O vindeiro 28 de setembro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a VII edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra).
Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.
Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes do baile tradicional.
Entrada de balde, previa reserva de praza a través do teléfono 986 847 074 ou enviando un correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
PROGRAMA
10.15 – Apertura e entrega de documentación
10.30 – Relatorio I - Demostración
“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños
11.20 Quenda de preguntas
11.30 – Relatorio II
“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da análise ”. Felipe Rodicio
12.20 Quenda de preguntas
12.30 - Descanso
12.50 - Presentacións de publicacións
12.50: “Entre Fusco e Lusco” de Rafa Crespo e “Colleita Propia” de Pablo F. Rial . Editorial Ton e Son
13.10: Presentación da colección Cámara Escura con Eutropio Rodríguez, “O danés curioso en Ordes” d@s autor@s Gustav Henningsen, Eutropio Rodríguez e Estívaliz Espinosa e “Os danzantes dos Reis” d@s autor@s Eutropio Rodríguez e Alba Cid. Editorial aCentral Folque.
13.30 – Xantar
16.30 – Relatorio III
“Anotacións encol do uso da trompa ou mosugitarra no País Vasco”. Juan Mari Beltrán
17.20 Quenda de preguntas
17.30 – Relatorio IV
“Pasado e presente do pito pastoril na Galicia”, dende o século XIX a actividade do IGAESPI, avances da investigación. Miguel Mosquera e Efraím Díaz
18.20 Quenda de preguntas
18.30 – Descanso
19.00 – Relatorio - Concerto V
“Os Trabazos de Castro Caldelas: actividade, aspectos biográficos, instrumentos de traballo, homenaxes e repertorio”. Alexandre Rodríguez.
19.50 Quenda de preguntas
Agardámoste o vindeiro día 28 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 4 (Viascón - Cotobade).
Páxina 1 de 22