Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

Galas de Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos

17.01.12

galas

Os grupos Xacarandaina, o Fiadeiro e Cantigas e Agarimos celebran unha xira de galas.

As vindeiras datas son:

- A Estrada 28/01/2012 (Cantigas e Agarimos)

- Tui 11/02/2012 (O Fiadeiro)

- Arzúa 04/03/2012 (O Fiadeiro)

- Vilalba 10/03/2012 (Xacarandaina)

- Palas de Rei 24/03/2012 (Cantigas e Agarimos)

- Narón 14/04/2012 (Xacarandaina)

- Melide 139/05/2012 (Xacarandaina)

- Padrón 27/07/2012 (O Fiadeiro)

   

I Serán en Cabeiras

17.01.12

cabeirasO vindeiro 20 de xaneiro do 2012 celebrarase o primeiro Serán en San Sebastián de Cabeiro (Arbo).

Será a apartir das 19 horas e haberá viño e pinchos nde balde. Animádevos!

   

Seráns do Sarela

09.01.12

 

serns compostela“Seráns en Compostela agora no Sarela!”

Xoves 12 de xaneiro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
Chega o primeiro serán do ano!


Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de iniciación ao baile.
22h30 . Riscadela de Calo
23h15 . Os da Chaparra
24h00 . Donaire
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!


Máis información
www . seransencompostela . org
seranscompostela @ gmai l . com
FACEBOOK: Seráns en Compostela

   

II Festival Infantil de Música e Bailes Tradicionais Lembranzas da Ría

02.01.12

 

lembranzas

O sábado 7 de xaneiro as 18h no Auditorio de Cangas terá lugar a segunda edición do Festival Infantil de Música e Bailes Tradicionais Lembranzas da Ría. Contarán con:

- Ailola (Lalín)

- Sons do Muíño (Cangas)

- A.C Donaire (A Coruña)

- A. C Lembranzas da Ría (Cangas)

   

Foliada en O Fiadeiro Vigo

30.12.11

fiadeiro

 

O 30 de decembro haberá Foliada  en O Fiadeiro (Vigo), está invitado todo aquel que lle apeteza e que se acerque ata a nosa sede social a brindar con nos para despedir o ano.

Cantaremos e bailaremos a pe de rúa en frente o noso local se é que o tempo nolo permite.
A partir das 21.00

   

O NADAL CHEGOU Á TRADESCOLA

23.12.11

p1020722foliada tradescola1A TRADESCOLA, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organizou unha foliada no Complexo Residencial Xuvenil LUG II que reuniu a máis de 100 alumnos e amigos da Tradescola disfrutando da nosa música  e do noso baile nun ambiente festivo e de lecer propio destas festas do Nadal.

O xoves, 22 de decembro, os alumnos da Tradescola, docentes da mesma e amigos fixeron que a nosa música e os nosos bailes tradicionais foran os protagonistas da xornada.

Este tipo de actividades incrementan a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade lucense, e ofrecen a posibilidade de achegarse as nosas tradicións a todas as persoas interesadas nas mesmas.

Esta foliada serviu  asímesmo para dar inicio as vacacións de Nadal aos máis de 200 alumnos que actualmente reciben clases na Tradescola.

 

   

Foliada de Nadal en Cecebre

16.12.11

iifoliadadonadalO 23 de decembro a partir das 20:00 h os Gaiteiros de Cecebre celebran a II Foliada do Nadal 2011 na Cervexería do Baixo da Casa da Xuventude de Cecebre (Cambre-A Coruña).

Contamos que non perdíchedes mañas e acudades acompañados da "ferramenta" para que tr ...ema o ceo e vibren unha vez máis os sons da nosa música tradicional na máxica terra do Bosque Animado.

Disponse aparcadoiro.

¡¡¡FELIZ NADAL 2011 E MOITA MÚSICA DE NUESTRO SEÑOR!!!

   

VI Festival Internacional Rebulir

13.12.11

 

vi festival rebulir. cartazUn ano máis, e xa van seis,  chega o Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional,  cun programa que se bosquexa o máis ambicioso dos ata o momento organizados.  Nas Xornadas do 16, 17 e 18 de Decembro contémplanse múltiples actividades, que acorde a filosofía da asociación serán gratuitas e abertas para todo o público. Como novidade, destacamos a páxina web que se habilitou con toda información do evento www.festivalrebulir.com .

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Foliada popular no Churrero en Arabexo, Val do Dubra (A Coruña)

09.12.11

foliada churrero2

Foliada que se vai a celebrar en Arabexo, Val do Dubra (A Coruña), co gallo dunha pequena homenaxe ao que fora un dos máis coñecidos gaiteiros do lugar, chamado "O Churrero", tíñan un grupo chamado "A Sagrada Familia", o señor fai un par de anos que morreu, pero todavía está na memoria de moitos que o coñecemos. Celebrarase o Domingo, 11 de Decembro, as 16:30h no bar "Churrero", haberá Magosto.

   

Serán en Pinzás (Tomiño)

28.11.11

sern pinzasEXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS E NOITE DE SERÁN EN PINZÁS
O día 3 de decembro na Casa do Pobo

A exposición poderá verse o longo do día.

As 14 horas un xantar, no que se degustará cordeiro criado no pobo, ou xamón asado, postre, viño, pan e café. O prezo é de 12 €. Se queres anotarte chama a un dos seguintes teléfonos:
690 832 240 ou 636 222 701

Hai degustación de filloas a pedra.

A partir das 21 horas comenza o Serán: Participan grupos de gaitas, pandereteiras, charangas, acordeóns, treboadas......invitámoste a que veñas a tocar calquér instrumento que tí queiras.

   

Páxina 6 de 29