Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / A. Gaita de Foles

A. Gaita de Foles

REUNIÓN XERAL DA GAITA - ESPACIO KILOMBO

09.04.07

O vindeiro día 21 de Abril a festa está garantida. Amigos de Gaita de Foles están dende xa convidados para unha concentración no Espacio Kilombo, en Lisboa. Depois do éxito alcanzado na primeira edición da iniciativa, a Associação Juvenil Trupe Boomerang está novamente a preparar o IIº Gaitas em Festa.

No encontro preténdese prestar unha especie de tributo ao instrumento, promover o intercambio de experiencias musicais, coñecer e aproximar novos e vellos gaiteiros, aproveitando a ocasión para reunir a varias institucións que desenvolven obxetivos semellantes.

O día arranca às 11 horas, con un obradoiro dirixido por Paulo Marinho, dedicado à práctica da afinación en conxunto. Polo medio hai un almorzo convivencia e no medio da tarde, depois das 15 horas, chegan as escolas de gaitas (contamos con cinco, da rexión de Lisboa: Casa Pia de Lisboa, Associação Gaita de Foles, Xuventude da Galiza, Bardoada e Gil Teatro).

Á noite a festa farana entre as actuacións dos Trabucos (unha alborada de música medieval), Anaquiños da Terra (grupo de folclore galego da Juventude da Galiza de Lisboa) e dos Roncos do Diabo (formación dedicada à Gaita Transmontana) . Finalmente, e para rematar mesmo en grande, suben ao palco os Gaiteiros de Lisboa.

Están pois, reunidos os ingredientes para a grande festa, a RGG – Reunión Geral da Gaita.

O Espacio Kilombo da AJTB situase na Avenida Gomes Pereira (ao lado da Junta de Freguesia de Benfica), no Parque de Estacionamento Villa Simões (n.º 11) - Armazém 13.

AJTB
Info: 96 35 27 196 - Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

   

8º ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN GAITA DE FOLES

21.03.07

O sábado 24 de Marzo a Asociación Gaita de Foles comemorou o seu oitavo aniversario. Esta data non serviu só de motivo para xuntar a socios, amigos e todos aqueles que o desexaron, nunha grande festa de convivencia, senón tamén para facer unha homenaxe a un dos mais emblemáticos gaiteiros portugueses: o gaiteiro Joaquim Roque, de Torres Vedras.

Esta festa tivo un punto importante, que foi unha breve presentación da banda Cornes, o novo proxecto musical ligado à Asociación. Esta banda encóntrase, neste momento, en formación e aproveita o oitavo aniversario da Asociación para mostrar un pouco do traballo que está a desenvolver. Esta celebración comezou cun almorzo de convivencia as 13:00h no Ateneu Comercial de Lisboa, onde a festa continuou tamén dentro pola tarde. Para mais información e inscricións, contactar, ata o dia 22 à tarde: Inês Gonçalves 962915892 Mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Ateneu Comercial de Lisboa, Rua das Portas de Santo Antão, nº 110 Lisboa - rua do Coliseu dos Recreios, preto da Avenida da Liberdade e do Rossio.
Transportes públicos: metro – estación de metro do Rossio (liña verde) ou dos Restauradores (liña azul). Estacionamento: parque de estacionamento da Praça dos Restauradores (ao pé do Hard Rock Café)
   

Nova sección en Gaita de Foles dedicada á Gaita Galega

19.07.05

Recentemente os compañeiros da Associação Gaita-de-Foles (www.GaitadeFoles.net) veñen de inaugurar unha nova sección no seu portal web, titulada "Um Mundo de Gaitas":
http://gaitadefoles.net/gaitadefoles/

Dentro desa sección, é posible achar unha ficha dedicada ás gaitas galegas


Mais información