Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Toma de posesión

Toma de posesión

Curso de técnica de pandeireta e pandeiro cadrado

22.03.12

davideCURSO DE TÉCNICA DE PANDEIRETA E PANDEIRO CADRADO

0 vindeiro 5,6,7 e 8 de abril terá lugar en Pontecaldelas un curso de pandeireta e pandeiro cadrado aplicado ao canto a cargo de Davide Salvado.

O curso está aberto a todas aquelas persoas amantes da música tradicional.

Aberto o prazo de inscrición.

Datas: 5,6,7 e 8 de abril
Lugar: Arredores de Pontecaldelas
Horarios: de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas
Prezo: 140 euros

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Artigo en xornal.com de S. Carregal

24.08.05

Antes, durante e despois do acto de toma de posesión foron aparecendo distintos artigos nos xornais en relación coa escolla dun gaiteirazo solista vs á trapallada de edicións anteriores.

Neste caso, temos un artigo de S.Carregal publicado en xornal.com que podedes consultar na seguinte ligazón

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20050802104253



Mais información
   

Artigo en Galicia Hoxe de Fran P. Lorenzo

24.08.05

Con data 3 de agosto de 2005 Fran P. Lorenzo publicou un interesante artigo en Galicia Hoxe que podedes consultar neste Portal ou na própria páxina de Galicia Hoxe http://www.galicia-hoxe.com/index.php?option=com_content&task=view&id=4381&Itemid=40

"¿Que é tradicional? ¿Que cousa non o é? ¿Que é o alleo? ¿Que o propio? E sobre todo, ¿quen ten autoridade para dicilo?"



Mais información
   

Toma de Posesión do Presidente da Xunta: Dignidade para a música tradicional

04.08.05

FINALMENTE A MÚSICA TRADICIONAL TEN O PAPEL DE DIGNIDADE QUE LLE CORRESPONDE



A Asociación de Gaiteiros Galegos desexa enviar os seus mais sinceiros parabéns ao goberno entrante e a todo o colectivo de persoas que traballaron no acto de toma de posesión do novo Presidente da Xunta de Galiza. No devandito acto foi posible elevar á música tradicional galega ao lugar que lle corresponde, tal e como viña reivindicando a AGG en
repetidas ocasións. Tanto as fermosas cantigas de Leilía canto a maxistral interpretación de Suso Vaamonde, socio da AGG, permitiron facer constar que a nosa música tradicional pode compartir escenario con outros artistas de igual a igual.


Mais información