Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos

Cursos

Curso de bouzouki ou guitarra acústica folk

20.12.11

o fiadeiroAberto prazo de inscrición

Podes anotarte nos teléfonos: 629 585 355 / 986 253 585 ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Duración: dende outubro ata xuño

Horarios: Xoves 21.30-22.30

Lugar: Asociación O Fiadeiro (Calvario - Vigo)

Prezo: 20,00 euros/mes

Prazas limitadas

Monitor: Samuel Soto                   

Mais info: www.ofiadeiro.com

   

Curso de Técnica vocal

16.12.11

curso xacarandainaA A.X. Xacarandaina da Coruña organiza un curso de técnica vocal durante 2 meses, comezará o día 13 de xaneiro e rematará o 2 de marzo. Será impartido pola cantante Carmen Rey, recoñecida profesora e artista.

O prazo de inscrición remata o día 5 de xaneiro, así que non esquenzas anotarte.... O máximo de alumnos por grupo son 10 persoas, e a realización de dous grupos estará condicionado polo número de matrículas.

Os horarios programados son: venres de 19.30-21h ou de 21-22.30h

Prezo: 74 € socio; 80 € non socios (pódese pagar en dous prazos)

Máis información en www.xacarandaina.com

   

Obradoiro de arrolos (Carballo)

07.12.11

obradoiro nanas carballoUn novo curso de cantos de berce terá lugar os vindeiros martes 20 e mércores 21 de decembro impartidos por Rosa Bugallo e Ugia Pedreira desta volta en Carballo (Pazo da Cultura). A inscrición é de balde -prazas limitadas- no Servizo de Normalización Lingüística ou no 981 704 304.

Para nais e pais, presentes ou futuros, soas ou sós, ou acompañados/as do seu bebé, que queiran comezar a transmitirlle o galego ao seu ou súa peque co poder emocional das nanas e cantos de berce

   

Xornadas "As fontes musicais dos Ancares"

28.11.11

xornadas etnogrficasOs días 3 e 4 de decembro de 2011 a Asociación Cultural ABELLADEIRA de Ponferrada organiza dúas xornadas de cultura tradicional enmarcadas baixo o título de "As FONTES MUSICAIS DE ANCARES".
O relator invitado é o folklorista e gaiteiro JUANJO FERNÁNDEZ.

Programa:
Día sábado 3 de decembro de 2011:
Charla e concerto didáctico a cargo do folklorista Juanjo Férnandez. A conferencia virará sobre o folclore no val de Ancares. Tradición musical, baile e repertorio existente.

Intervirán as tocadoras de pandera Sra. Laura Osorio (San martín de Moreda),Sra. Arcides e a Sra. María(Tablado) xunto a Juanjo Fernández na segunda parte do acto.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Aulas de iniciación a zanfona e percusión tradicional para nenos no Viso

11.11.11

iniciacion zanfona-visoA Asociación Cultural Santa María do Viso organiza:

- Aulas de iniciación a zanfona da man de Carlos do Viso, os xoves a partir das 20.30h na sociedade de Agricultores do Viso. Cerrar

Para información e reservas:

686.474.848 (Carlos) / 658.616.520 (Marta).

- Percusión tradicional para nenos, con pandeireta e voz, tamboril, bombo e instrumentos de pequena percusión.

Para información e reservas:

658.616.520 (Marta).

   

Obradoiro de construción de palletas na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid

25.10.11

Obradoiro de construción de palletas con Patricia Cela na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 29, 30 e 31 de outubro

A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, de recente creación na cidade de Madrid, organiza un obradoiro de construción de palletas  para os días 29, 30 e 31 de outubro nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas na construción de palletas, a luthería, a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer como funciona o elemento que produce o son na gaita e queiran ser autosuficientes.

   

Ranchos de Reis

24.10.11

Curso: Ranchos de Reis. Javier Feijoó (Chisco)

Este curso esta adicado ás Danzas de Reis, unha das expresións dentro da cultura tradicional galega mais antigas conservadas, vencelladas ás celebracións patronais das parroquias galegas na honra a Santos. Aprendizaxe dos movementos como a música das Danzas de Paos, Paso e Arcos de Riofrío (Mondariz) contribuíndo non só a súa conservación no tempo, senón tamén a valoración desta tradición galega.

Os participantes necesitan:
• 2 Paus cilíndricos de 2cm de diámetro e 40 de lonxitude. (podedes sacalos dun pao de escoba de madeira)

   

A Harmonía tonal na música tradicional galega

24.10.11

Curso: A Harmonía tonal na música tradicional galega. Carlos Quintá

Traballo sobre o uso da harmonía moderna nas melodías populares, de carácter tonal. A concienciación da súa importancia da educación auditiva. Isto é: da rápida identificación das cores e sensacións que nos producen o emprego de distintas progresións harmónicas. Breve repaso dos intervalos, funcións tonais e substitucións de acordes. Harmonizacións de temas coñecidos. Imprescindible instrumento.

Días 4 e 11 de novembro
17h – 19:30h
Aula 5
Número de prazas: 20
Último día de matriculación: 28 de outubro

http://e-tradvigo.blogspot.com

   

Monográfico de `danzas do mundo´ no Centro SocioCultural de Vilaxoán

20.10.11

A Asociación Pesdebarro pon en marcha este sábado o seu primeiro curso monográfico de “danzas do mundo” que será impartido por Mercedes Prieto. O curso, que terá un custe de 10 euros para socias/os e 15 euros non socias/os, desenvolverase este sábado 22 de outubro, en horario de 10:30 a 13:30 e continuara de 15:30 a 18:30.
As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no teléfono 615863500 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

No curso farase un percorrido polas máis destacadas e coñecidas danzas tradicionais do mundo, incluindo, por suposto, a danza galega.
Entre outros moitas danzas, os alumnos terán a oportunidade de aprender a bailar valses, chotis, jotas, muiñeiras, gabots, ándro, etcétera.

   

III Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico: Xogo tradicional, deporte tradicional e educación

13.10.11

"III CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: Xogo tradicional, deporte tradicional e educación", que se celebrará en Melide os días 21 e 22 de outubro próximo, e que ten aberto o seu prazo de matrícula.

A actividade, homologada pola Consellería de Educación, pretende ofrecer unha oportunidade de formación aos educadores/as sobre o patrimonio lúdico galego, un dos máis ricos da Península, e sobre as posibilidades que este ofrece nos diferentes ámbitos da educación (sistema educativo regrado, tempo libre, traballo con persoas maiores...). 

   

Páxina 3 de 19