Tradescola
25.05.16
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 12 de xuño, no salón de actos do Centro Lug2 - Tradescola, un obradorio de técnicas avanzadas de pandeiro galego guiado polo estudoso e investigador do folclore galego Luis Prego.
Neste obradoiro @s asistentes aprenderán as bases técnicas do pandeiro, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais.
O curso terá unha duración total de 6 horas, de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, e contará co seguinte programa:
(Para ler a nova completa clic no título)
16.05.16
O IV certame de debuxo "Os instrumentos da Música Tradicional Galega" é unha iniciativa posta en marcha pola Tradescola coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
A finalidade desta actividade, dirixida a case 2.000 nen@s de primeiro, segundo e terceiro de primaria dos centros de ensino do Concello de Lugo, é potenciar e difundir entre @s máis pequen@s a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respeto e valoración da mesma.
Na Tradescola, na Rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo podes visitar a exposición dos case 860 debuxos entregados, estará aberta ao público de Luns a Venres en horario de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas ata o vindeiro 31 de Maio. A tod@s @s participantes queremos darlles a noraboa polos fantásticos debuxos que nos achegaron!!!!!!!
Ademais, como nota especial, a Tradescola deseñou este mosaico con todos os debuxos participantes que podedes descargar facendo clic aquí. Atopache xa o teu debuxo!?!?
(Para ler a nova completa clic no título)
13.05.16
O vindeiro xoves 19 de maio a partir das 19:00 horas, na Praza de San Marcos de Lugo, a Tradescola renderalle homenaxe a Manuel María, o noso poeta nacional.
Sons de maio para Manuel María é un concerto no que alumn@s e mestres/as da Tradescola musicarán algúns dos seus poemas, ademais de adicarlle outras pezas da nosa música tradicional, da que Manuel María era fan incondicional.
Unha nova actividade de difusión da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional que forma parte da programación Os Seráns Culturais da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Ademais o concerto contará coa entrega de premios @s finalistas do IV Certame de Debuxo "Os instrumentos da Música Tradicional Galega" d@s que pronto coñeceremos o nome.
Contamos con tod@s vos!!!!
22.04.16
O vindeiro martes 26 de abril en horario de 12:45 a 13:45 horas, a Tradescola colaborará co Proxecto Galauda impartindo un concerto didáctico de música tradicional no salón de actos do Centro Lug2 (Rúa Pintor Corredoira, 4, Lugo) dirixido aos alumn@s de 1º da ESO de El Casal (Castellar del Vallès, Barcelona), que forman parte deste proxecto educativo intercultural, e que nesta ocasión estarán acompañados pol@s alumn@s de 5º de primaria do CEIP Anexa de Lugo.
O Proxecto Galauda, naceu na Secció de Filologies Gallega e Portuguesa da Universidade de Barcelona, é un proxecto educativo intercultural que pretende provocar nos adolescentes unha percepción da diversidade lingüística e cultural como unha necesidade incuestionable para as sociedades actuais.
Neste concerto didáctico, que impartirán os mestres da Tradescola Bruno Villamor e Xabi Iglesias, @s escolares coñecerán os distintos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.
Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66
20.04.16
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegarase ao CEIP Álvaro Cunqueiro e o IES San Rosendo de Mondoñedo para impartir dous obradoiros de regueifas que terán lugar o luns día 25 de abril de 15:00 a 16:30 e de 16:45 a 18:15 horas. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar a tod@s @s rapaces e rapazas a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico.
Os obradoiros estarán impartidos por Josinho da Teixeira, mestre regueifeiro da contorna de Vigo, leva recorrido Galicia denda hai anos levando a improvisación e a tradición da música oral de Galicia por todolos rincóns do país.
@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria do CEIP Álvaro Cunqueiro e de 4º da ESO do IES San Rosendo coñecerán a historia do arte da improvisación en todo o mundo, centrándose na regueifa con mais presenza en Galicia, onde traballarán o ritmo, a técnica, a rima así como coñecer os numerosos para improvisar.
Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66
20.04.16
Xa vai pola IV edición do certame de debuxo “Os Instrumentos da Música Tradicional Galega” que a Tradescola ven organizando coa finalidade de potenciar e difundir entre @s máis pequen@s a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respeto e valoración da mesma.
Dende a Tradescola coidamos imprescindible e necesario este proceso de transmisión, que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións.
(Para ler a nova completa clic no título)
11.04.16
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegarase ao CEE Santa María de Lugo para impartir unha nova xornada de música tradicional que terá lugar o mércores día 13 de abril as 11:00 horas. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar a tod@s @s rapaces e rapazas a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico.
Neste concerto, que estará impartido polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Branca Villares e Jose Manuel López (Josele), amosaránlles os instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.
Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66
05.04.16
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase o sábado 23 de abril en horario de 18:00 a 21:00 horas ata a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte para impartir un obradoiro de multipercusión tradicional da gaita, guiado polo músico e mestre da Tradescola Xose Lois Romero.
Neste obradoiro amosaránse as técnicas básicas, recursos e posibilidades dos instrumentos populares de percusión: tarrañolas, tixola, lata, bombo, pandeira, pandeiro, charrasco...
¡Aberto prazo de inscrición!
A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s percusionistas que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.
22.03.16
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase o sábado 2 de abril en horario de 11:00 a 14:00 horas a Ribadeo para impartir un obradoiro de Técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado da gaita, guiado polo músico e mestre da Tradescola Jose Manuel López (Josele).
Neste obradoiro @s asistentes traballarán aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentación e repertorio en aberto e pechado.
¡Aberto prazo de inscrición!
A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s gaiteir@s que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.
A Orquestra de Jazz de Galicia presenta "Fame" na Tradescola
22.03.16
O vindeiro mércores 30 de marzo ás 20:00 horas, Roberto Somoza e Pedro Lamas, director e produtor e músico da Orquestra de Jazz de Galicia, presentarán "Fame", o primeiro traballo da Orquestra de Jazz de Galicia na Tradescola. O evento terá lugar no Salón de Actos do Centro Lug2, situado na Rúa Pintor Corredoira, 4.
A Orquestra de Jazz de Galicia foi creada hai catro anos da man dos músicos Roberto Somoza e Pedro Lamas. Reúne nas súas ringleiras a algúns dos músicos máis destacados en Galicia da escena do jazz e tamén das músicas sinfónica e tradicional, co obxectivo de explorar o diálogo entre o xénero nado en Estados Unidos a finais do século XIX e a música galega de raíz.
*Entrada libre até completar o aforo
Páxina 1 de 3





