Obradoiros, seminarios, xornadas,...
X Xornadas Arredor da Música Tradicional
20.09.22
A AGG organiza o Sábado 1 de Outubro a X edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Un encontro anual onde afondar nas nosas tradicións.
Catro traballos de investigación vencellados á música tradicional e cinco presentacións de novas publicacións conforman os contidos da Xornadas arredor da Música Tradicional organizadas pola AGG en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón, durante toda a xornada do Sábado 1 de outubro.
Esta cita, está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón tamén a todo aquel que queira saber máis das nosas tradicións, favorecendo deste xeito que sexa un punto de encontro á par que pon de manifesto a importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste eido para o coñecemento e preservación da nosa cultura.
Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas conferencias, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
Estas xornadas que están patrocinadas pola Consellería de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes da música tradicional.
PROGRAMA:
10:15 - Apertura
10.30 – Relatorio I
“Concha do Canizo. O Pandeiro Cadrado na Terra das Frieiras”. Xulia Feixoo
11.20 Quenda de preguntas
11.30 - Presentacións de publicacións
11.30: “Damas e ghaláns no Entruido de Nergha. Unha danza de Entroido no Morrazo”. Guillerme Ignacio Costa
11.50 - Descanso
12.10 – Relatorio II
“Pandereteiras de Mens: de cando a oralidade invisíbel pasou a visíbel”. Beatriz Busto Miramontes
13.00 Quenda de preguntas
13.10 - Presentacións de publicacións
13.10: “Manuel Fernández Díaz. Manuel do Juano”. Daniel Carballo Penelas, Antón Santamarina, Guillermo Fernández, Pepe Vaamonde, Pablo Quintana López, Bieito Romero, Sagrario Fernández.
13.30 – Parada para xantar
16.30 - Presentacións de publicacións
16:30 “O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago”. Jose Manuel Salgado Mosquera, Francisco Singul, Mariña Arbor Aldea, Francisco Luengo.
16.50 – Relatorio III
“Proxecto Avareira: A trompa na Fonsagrada, Os Oscos e Taramundi”. Riedrich Bramsteidl, Paz Prieto, Juan Carlos Quintana e Daniel do Pando
17.40 Quenda de preguntas
17.50 – Presentacións de publicacións
17.50: “A Gaita na Terra de Melide”. Suso Ascariz
18:10: “Cancioneiro da Ribeira de Piquín. Unha aproximación á poesía tradicional da montaña lucense” Xosé Manuel Sánchez Rei, Noemí García Rodríguez.
18.30 – Descanso
18.50 – Relatorio IV
“A danza de espadas de Marín”. Jose Antonio Pazos Pazos e Jose Francisco Gil Dopazo
19.40 Quenda de preguntas
Lérez na palleta
26.04.17
Os Gaiteiros das Rías Baixas organiza en colaboración co Concello de Pontevedra as Xornadas "Lérez na palleta", que terán lugar na Casa da Cultura de Lérez (Pontevedra) durante os días 12, 13 e 14.
Estas xornadas comezarán cunha charla-coloquio a cargo de Álvaro Seivane "Seivane no eido da gaita" na tarde do venres 12 as 19h. e continuarán durante os dous días seguintes cun obradoiro de construcción de palletas e pallóns para gaita impartido polo mestre palleteiro Xaime Pena.
Obradoiros Tradicionais
26.10.16
A Asociación Cultural Arghallo está organizando uns Obradoiros Tradicionais (Gaita, Canto e Pandeireta, Treboada e Baile Tradicional) que se levarán a cabo no mes de Novembro, e serán impartidos por recoñecidos mestres vinculados a este mundo.
Mais info: https://www.facebook.com/Arghallo-514158152110489/?fref=hovercard
Obradoiro de confección de enaguas por Bego Martínez
12.05.16
O obradoiro de enaguas que impartirá Bego Martínez os Sábados, 14 e 21 de Maio e o 4 e 11 de Xuño (10 horas), ten como obxectivo a confección da prenda paso a paso:
- Corte.
- O método para a confección de lorzas, marcaxe e cosido.
- Colocación de encaixes.
Ademais de coñecer o uso desta prenda no traxe tradicional, tendo en conta a época e a funcionalidade e as prendas ás que sustitúe, o obradoiro contará con material gráfico no que poder ollar diversas prendas de diferentes feituras e tecidos.
Horario: 10.30 a 13.30 (O curso dura un total de 12 horas)
Lugar: Asociación O Fiadeiro
Prezo socios: 65,00 euros
Prezo non socios: 70,00 euros
Máis info: http://www.blogescolaofiadeiro.blogspot.com.es/2016/02/o-obradoiro-de-enaguas-ten.html
Xornada e exposición sobre o traxe tradicional
12.05.16
Exposición O traxe do País. Poñendo en valor o noso traxe tradicional é unha mostra da colección de indumentaria popular galega que enxalza a posta en valor do traxe tradicional galego e o debate sobre as súas diversas manifestacións e usos. Será inaugurada hoxe, 12 de maio ás 20:30 horas na sala de exposicións do 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo (A Coruña). Poñendo en valor o noso traxe tradicional, reúne 20 vestimentas da colección privada de Alberto Golpe Beceiro, especialista neste eido, e pezas da colección de Antón Méndez Gándara, permanecerá aberta ao público até o 5 de xuño de luns a domingo de 17.30 a 20.30 horas. Entrada gratuíta.
(Para ler a nova completa clic no título)
Obradoiro de pandeiro impartido por Xosé Maceda na Asociación Folclórica Pousos da Area
05.05.16
A Asociación Folclórica Pousos da Area organiza un obradoiro de pandeiros impartido por Xosé Maceda que consistirá en coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man.
A este cursiño pode apuntarse calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro cadrado (non se precisan coñecementos previos). @s alumn@s irán adquirindo os coñecementos a medida que os poñen en práctica e ademais levaranse o pandeiro que confeccionen ó rematar o curso.
A duración de dito curso será de 4 horas e conta con 12 prazas. Podes inscribirte ou solicitar mais información enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao 671 932 328 do 2 até o 27 de maio.
Data obradoiro: 29 de maio ás 17 h.
Lugar: Local Social de Cantodarea, Marín (en fronte á igrexa parroquial).
Prezo: 50 € Socios, 60 € Non socios.
Germán Díaz imparte o I curso de zanfona en Ribadeo
04.05.16
A Asociación Cultural Ronqueta coa colaboración do Concello de Ribadeo organiza o I curso de zanfona. O curso terá lugar os días 11 e 12 de xuño na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e estará impartido por Germán Díaz.
Destinatarios
Persoas maiores de 8 anos.
Dous niveis diferentes (iniciación e perfeccionamento).
*IMPRESCINDIBLE TRAER O INSTRUMENTO PROPIO
Prazas
As prazas están limitadas a 15 persoas, sendo o mínimo 10 para a realización do curso.
Horario:
Perfeccionamento: Sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Iniciación: Sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
(Para ler a nova completa clic no título)
O fiadeiro organiza un obradoiro de técnica vocal
04.05.16
Imparte: Xela Conde
Obxectivos
Aprender unha serie de recursos para correxir determinados erros de fonación e para optimizar e mellorar a nosa forma de cantar:
- Acadar dende o principio unha boa tonificación corporal, postura e respiración para poder proceder á fonación.
(Para ler a nova completa clic no título)
O Padroado de Cultura de Narón organiza catro cursiños monográficos de cultura tradicional
02.05.16
O Padroado de Cultura do Concello de Narón convoca catro cursiños monográficos de Cultura Tradicional que se desenvolverán os días 16 e 17 de maio.
Técnica de tamboril, baile tradicional agarrado, construcción de palletas e técnica de percusións de man.
O percusionista Miguel Anxo López impartirá técnica de tamboril, terá lugar o luns 16 de maio entre as 17.00 e as 21.00 horas e o martes día 17 de 10.00 a 14.00. O alumnado aprenderá técnicas para o tambor, o manexo de patróns rítmicos de música tradicional e tamén ideas para a construción de arranxos para grupos tradicionais.
O martes 17 de maio, entre as 11.00 e as 13.00 horas terá lugar o obradoiro de baile tradicional agarrado dirixido polo mestre de Baile tradicional Gustavo Couto. Coñecemento e execución de diferentes bailes agarrados espallados pola Comunidade galega, como as muiñeiras, os pasodobres ou as mazurcas, son algunhas das modalidades sobre as que se formará ao alumnado.
(Para ler a nova completa clic no título)
Obradoiro de construción de pandeiros
21.04.16
A Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza o vindeiro domingo 8 de maio, un obradoiro de construción de pandeiros que estará dirixido polo artesán e músico Xaneco Tubío.
Con esta xornada Cántigas e Frores pretende continuar coa labor que ven levando a cabo dende o ano 1948, dinamizar a vida cultural lucense, ademais de, neste caso, achegar, coñecer e experimentar o oficio d@ luthier en primeira persoa coa elaboración dun pandeiro que cada participante poderá levar á súa casa unha vez finalizada a actividade.
O evento terá lugar no Obradoiro Xaneco sito en Abeladoira. 1, San Fiz de Paz, Concello de Outeiro de Rei (Lugo).
(Para ler a nova completa clic no título)
Páxina 1 de 3