Xornadas de Portas abertas en Brincadeira (publicado o 09/09/2005)
Venres, 09 Setembro 2005 16:12
Brincadeira organiza de novo unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTASEste ano desenvolveranse os días 24 e 25 setembro, organizando os seguintes obradoiros
Xogos e Agarrados: Sábado de 11 da mañá a 2 da tarde, a cargo de Pablo Díaz, compoñente de Ruote. Que veñan todos a bailar mazurcas, polcas, valses e a enredar e divertirse con xogos cantados.
Mais información
Brincadeira organiza de novo unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Este ano desenvolveranse os días 24 e 25 setembro, organizando os seguintes obradoiros
Xogos e Agarrados: Sábado de 11 da mañá a 2 da tarde, a cargo de Pablo Díaz, compoñente de Ruote. Que veñan todos a bailar mazurcas, polcas, valses e a enredar e divertirse con xogos cantados.
O Baile do Suido: Sábado de 4 a 7 da tarde, Hipólito e Dosi, unha parella da Edreira Vella, no concello de Avión, amosarannos o estilo da súa terra, axudados polo mestre de baile, Luís Prego
Pandeireta: o sábado de 7 da tarde a 9 da noite, Antonio Pérez explicaranos o seu arte facendo marabillas coa pandeireta acompañando á gaita. Antonio foi membro de Durindaina, gravou con Fuxan os Ventos e agora é o virtuoso pandeireteiro dos Estalotes.
Gaita e gaiteiro: No domingo de 11 da mañá a 2 da tarde, o mestre de gaita Xoán Porto Guancho estará acompañado polo señor Xosé Seivane, mestre da feitura das gaitas. Entre os dous, ademais de tocar a gaita, explicarán modos de tocar e de vivir coa gaita.
Feitura de aderezos: Tamén o domingo de 11 da mañá a 2 da tarde, dous compoñentes do grupo Brincadeira, Ana Vidal e Toño López, contaranos os segredos dos colares ben feitos e ben levados.
O Domingo pola tarde, dende as 5, rematarán as xornadas cun serán ao final da rúa do Home Santo, ao lado do edificio dos bombeiros.
A inscrición para os obradoiros farase dende o día 15 ata o venres 23, polas mañás no teléfono 625 600 692, polas tardes de sete a nove no local na rúa do Home Santo 62 baixo ou escribídenos a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Prezo: 3 euros
Outras informacións en www.brincadeira.org
BRINCADEIRA Grupo de Baile e Música Tradicionais www.brincadeira.org Rúa do Home Santo, 62 baixo 15703 Santiago de Compostela Teléfono (+34) 625 600 692