Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / FESTA DA PREHISTORIA EN MOS

FESTA DA PREHISTORIA EN MOS

Concertos

Os vindeiros 7-8 de Agosto celebrase en Mos a Festa da Prehistoria. O programa desta festa será:

VENRES, 7 DE AGOSTO – DÍA DA INVOLUCIÓN
- Pola tarde: Chegada das tribos.
- Ó solpor: Proxección das Curtas da Prehistoria.
- Á noitiña: Música, con Cé-Orquestra Pantasma.

SÁBADO, 8 DE AGOSTO - DÍA GRANDE
- Pola mañá:
· Obradoiros: útiles de pedra, arqueoloxía, elaboración de pan e pintura corporal.
· Demostracións: tiro con arco e tiro con propulsor.
· Compañía de títeres Tanxarina.
· Grupo de percusión Bata-Unga.
· Gastronomía: carne ó caldeiro, polvo á feira e asados.

- Pola tarde:
· Ataque na cova: Enfrentamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha.
· Recepción: Benvida ás tribos participantes e intercambio de agasallos.
· Xogos Olímpicos entre as tribos e carreira de relevos Na Procura do Lume.
· Construcción do monumento megalítico.
· Invocación ós espíritos da Mámoa da Penacova co chamán Leo e Arremecaghoná.

- Pola noite concertos de:
· O Leo i Arremecaghona
· Skandalo GZ
· A Tuna Rastafari.
· A Banda Potenkim.