Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / XXV FESTIVAL INTERCÉLTICO DO MORRAZO

XXV FESTIVAL INTERCÉLTICO DO MORRAZO

Concertos

O Festival Intercéltico do Morrazo alcanza este ano a súa vixesimoquinta edición presentando un cartel que pilota sobre grupos de gran relevancia histórica como os galegos Milladoiro, que contarán coa colaboración de portuguesa Mafalda Arnauth, e os franceses Gwendal.

O cartel complétase co artista pontevedrés Oscar Ibáñez, quen, ademais de música galega, integra no seu espectáculo música irlandesa ou balcánica, explorando tamén os vencellos da música galega e a música latinoamericana, froito da convivencia dos emigrantes galegos coa cultura dos países de acollida.

A edición deste verán contará tan só con dous días de concertos, o vernes 31 de xullo e o sábado 1 de agosto.
Unha das novedades desta edición é que o evento regresa al rexenerado paseo de A Xunqueira, tras casi unha década celebrándose no palco da música.

Durante o día percorrerán as rúas de Moaña diferentes bandas de gaitas, alén disto o organización resérvase varias sorpresas para os asistentes con fin de celebrar os 25 anos do histórico festival.