Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Carta Aberta ás Comisións de Festas de todo o País

Carta Aberta ás Comisións de Festas de todo o País

Festivais, Foliadas, Romarías

A realidade é que non abundan moitos carteis de festa como o que veñen de realizar en Santa María de Godos (Caldas de Reis). No mesmo, podedes observar que os grupos de gaitas encargados de anunciar o alborexar do día figuran co mesmo tamaño de letra que as orquestras que amenizan o baile da noite.

Agardamos ilusionad@s que cunda o exemplo, por exemplo…entre os integrantes da comisión de festas da parroquia de Vilariño (Cambados) que optaron por un modelo de cartel “nada normalizado”.

Parabéns, moitos para béns para a comisión de festas de Santa María de Godos por dignificar e normalizar o papel da música tradicional galega nas festas e romarías galegas e… ánimo, moito ánimo para a comisión de festas de Vilariño; agardamos que no vindeiro ano no seu cartel anunciador das festas a música tradicional apareza reflexada á mesma altura que os outros eventos.

Mais información