Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / ROMARÍA SOLIDARIA NA CORUÑA

ROMARÍA SOLIDARIA NA CORUÑA

Concertos

O próximo 19 de xullo a ONG Viraventos organiza coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, a partires das 12:00 h, unha Romaría Solidaria no Parque de Santa Margarida, na que haberá postos de comida e bebida, música galega e senegalesa, performances, venda de artigos de comercio xusto e de artigos de segunda man, así como actividades lúdicas e didácticas para nenas/os.

A ONG Viraventos é unha ONG de Inmigración, Cooperación Internacional e Educación para o Desenvolvemento. O obxetivo desta Romaría Solidaria é a recaudación de fondos para o mantemento da actividade da ONG e para os proxectos de cooperación internacional que estan a desenrolar en Senegal e Palestina.

Participarán:
Cancións para Antía
Bailadela
Cántigas da Terra
Donaire
Dorna
Frouma
Cata Almibre
Maghúa
Os Viqueiras de Ordes
Troulando
Tumbalobos Orquestra

Nesta xornada festiva o interese non só é recaudar a maior cantidade de cartos para as actividades que a organización realiza, senón pasar un bo día de romaría todos xuntos, participando dunha festa solidaria e multicultural.