VII FESTA RACHADA DA BAÑA
Xoves, 25 Xuño 2009 12:03
O día 4 de xullo celébrase unha nova edición, e xa van sete, da FESTA RACHADA DA BAÑA. As actividades comezarán a partires das 13:00 h. na Area Recreativa Agra de Chans, en San Vicente da Baña, e prolongarase ata ben entrada a madrugada.O programa deste ano conta coas seguintes actuacións:
Xosé Marentes (A Fonsagrada)
Armadanzas de Laraño
A Requinta da Laxeira (Vedra)
Tanto Nos Ten (Redondela)
Tamén participarán grupos como Os Campantes da Baña, Os Enxebres de Cacheiras, Murga Os Revoltas, A Requinta de Xian, Vai de Roda de Rianxo, Os Pequenos (A Baña)... e moito máis. Levaranse a cabo obradoiros de xogos e baile tradicional e habilitarase unha zona de acampada.
A organización quere convidar a todo aquel que guste da música tradicional a achegarse ata a Baña para participar coas súas gorxas e instrumentos nunha das festas máis rachadas do verán.