Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / GALICIA NO XXXIX FESTIVAL DE LORIENT

GALICIA NO XXXIX FESTIVAL DE LORIENT

Concertos

Galicia será este ano a protagonista do 39 Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña, que se vai desenvolver do 31 de xullo ao 9 de agosto. Xa se coñece a programación que se vai desenvolver no pavillón instalado por Turgalicia, e que terá case mil metros cadrados de superficie.

No pavillón galego potenciarase a personalidade propia do noso país como destino turístico. Así, informarase e difundirase a oferta turística, con especial fincapé no Xacobeo 2010, e haberá degustacións gastronómicas, exhibicións de artesanía e, por suposto, actuacións musicais: 24 espectáculos diferentes ao longo do certame.

Están previstos concertos de:

-Alberto Coya e Alba Gutiérrez
-Edelmiro Fernández
-Marta Quintana e a súa banda
-Bellon&Maceiras Quinteto
-Fía na Roca
-Berrogüetto
-Soas (Rosa Cedrón e Cristina Pato)
-Limagoia
-Crema de Gaita
-Espido
-Pablo Carpintero
-Anxo Lorenzo Band
-Emilio Cao
-Isga Collective
-Ialma
-Colectivo Licor Kafé
-Lulavai
-G. Xacarandaina
-Dúo de Arpa Céltica e Violín
-BoNoVo
-Faltriqueira
-Lamatumbá
-Susana Seivane.

A derradeira actuación de cada xornada irá seguida dunha queimada.

Pero non só haberá actividades relacionadas con Galicia no pavillón, pois tamén terá lugar unha noite galega de gala no Grand Théâtre de Lorient coa actuación de Sondeseu e unha exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago. Así mesmo, a organización do Festival anunciou a contratación de Carlos Núñez, e os concertos, en diferentes espazos, de Sondeseu, Susana Seivane, Xacarandaina, Pradairo, Moxenas Musical Galego e a banda de gaitas Airiños de Fene.