Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / XORNADA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL DA TRADESCOLA EN RIBADEO

XORNADA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL DA TRADESCOLA EN RIBADEO

AGG

A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para o vindeiro día 10 de Maio, unha xornada didáctica en Ribadeo dedicada ao baile tradicional e ao canto e pandeireta. Esta xornada, na que se impartirán varios obradoiros, estará guiada por duas profesoras da Tradescola, Montse Rivera e Uxía Cribeiro.
Nesta actividade, que terá lugar no IES Dionisio Gamallo Fierro, poderemos disfrutar de obradoiros de iniciación e perfeccionamento tanto de baile como de canto e pandeireta durante todo o día.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Montserrat Rivera Crespo:
Directora durante cerca de 9 anos do corpo de baile e pandereteiras da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, desenvolve unha incesante actividade como mestra de baile, pandeireta e canto tradicional galego tanto a nivel nacional, como internacional.
Dende o ano 1989, forma parte do grupo de pandereteiras Leilía co que ten publicados catro traballos discográficos, e colaborado en innumerables traballos discográficos e audiovisuais (Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Brigada Victor Jara, etc.)
Poseedora dun valiosísimo arquivo audiovisual froito de máis de 20 anos de investigación etnográfica, actualmente compaxina a súa vocación docente coa participación como xurado na sección “Vai de Baile” do programa “Luar” da TVG, o asesoramento na confección de traxes tradicionais no establecemento “ A Mouga”, a representación artística de destacados grupos de música galega e a actividade artística como compoñente grupos Leilía e Pèsdelán.

Uxía Cribeiro Galego:
É actualmente mestra en Galén Centro Educativo e profesora de canto na escola de música Cantarela.
Ten formación en canto tradicional , en técnica vocal , percusión tradicional e canto no conservatorio Folque de Lalín, así como un Posgrao en música tradicional pola Universidade de Santiago de Compostela.
Así mesmo posúe experiencia en agrupacións tradicionais. Foi membro no grupo Alfolíes e actualmente é compoñente do grupo Pesdelán.