Vimos de subir ao Portal, para todos os nosos sócios, no apartado de descargas (categoria audio) a cara B da casette "Marcha do Meu Pobo" que gravaron os Gaiteiros da Ponte Vella de Ourense, no ano 1993.
Na cara A da devandita casete deixaron constáncia do seu bon facer os membros do grupo, mentres que na cara B temos unha auténtica xoia do folclore ourensán: gravacións de Francisco Villarino Ojea (Paco, gaiteiro de Escornabois). Xustamente estas gravacións son as que, co permiso da Asociación Cultural Gaiteiros da Ponte Vella, podedes descargar.
Mais información

Concretamente son seis as magníficas interpretacións do sr. Paco, acompañado á percusión dos seus irmáns José e Ramón:
Muiñeira e Jota do Vello
Rumba Aloche
Mazurca do Vello
Jota de Escornabois
Rumba
O can de palleiro
Transcribimos de seguido a capa do casete correpondente á cara B:
Presentamos dos Gaiteiros de Escornabois (algunhos con máis de cincuenta e cinco anos de profesión de Gaiteiros e con setenta anos ás costas) esta serie de pezas aprendidas nos seus comezos, polo ano 1941, a maior parte de Leopoldo Quiroga (O VELLO), mentras permanecía agachado da "Xustiza" durante quince días, na casa do Alejos en Escornabois.
Consideramos importante o frescor e a pureza no estilo montañés do interior do país, mantido tal cual durante máis de cincuenta anos, propio dos torreiros de mediados de século onde desenrolaban a maior parte do seu traballo.
Por manter ata esta data o bon facer do gaiteiro popular, e polo seu traballo incansable en prol da autenticidade da música tradicional Galega, queremos ofrecerlle a nosa homenaxe e agradecemento.
Gravado os dias 27 e 28 de agosto de 1993 en Ourense. Técnico de gravación José Manuel Casal. Gravado por A.F.I. Berce.
Naquela altura o grupo "Gaiteiros da Ponte Vella" estaba integrado por:
Alejandro Ruiz Vázquez
Asel Gil Seijo
Carlos Padrón Castaño
Domingo Bestilleiro Vázquez
Iván C. Area Carracedo
Leopoldo Romero González (Curro)
Rodolfo González Rivera