Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Matamáfolc o 15 de xullo en Matamá (VIGO)

Matamáfolc o 15 de xullo en Matamá (VIGO)

Festivais, Foliadas, Romarías


O vindeiro venres 15 de xullo, a partir das 22:00 h no torreiro da festa de Matamá (VIGO) celebraremos a terceira edición do festival de música folc e tradicional MATAMÁFOLC no que contaremos coa presenza dos grupos:
a.. MOXENAS MUSICAL GALEGO
b.. FIANDOLA
c.. QUEMPALLOU:


Mais información
O vindeiro venres 15 de xullo, a partir das 22:00 h no torreiro da festa de Matamá (VIGO) celebraremos a terceira edición do festival de música folc e tradicional MATAMÁFOLC no que contaremos coa presenza dos grupos:
a.. MOXENAS MUSICAL GALEGO: Proxecto musical de referencia no mundo das bandas de gaitas no que se amosa a calidade e sonoridade das gaitas e percusións tradicionais galegas misturadas con outros instrumentos como saxos, frautas, trompetas, clarinetes, piano, etc. Colectivo de músicos procedentes das diferentes asociacións veciñais de Vigo que, da man da Federación Veciñal Eduardo Chao, practican o que se deu en chamar a AUTOESTIMA MUSICAL de Galiza.
b.. FIANDOLA: O grupo de música tradicional Fiandola é un grupo adicado á música galega con raíces tradicionais. Fiandola basea o su repertorio na música tradicional de transmisión oral (recollida grazas ao traballo de campo realizado polos seus compoñentes), nos cancioneiros publicados sobre música tradicional así coma na composición de novos temas de creación propia. Acaba de publicar o seu primeiro traballo discográfico.
c.. QUEMPALLOU: Entre o Morrazo e a montaña brava do Incio xurdiu este festeiro grupo, mestura enxebre dacabalo entre gaiteirada feliz e cantiga de escarño; entre foliadiña de baiúca e festa rachada de festival; entre cancioneiro e composición; entre acordes bonitos e arranxos directos. Así, por medio de xotas e muiñeiras e valses e polcas e que sei eu, vai enfiando Quempallou os seus concertos, para que absolutamente ninguén dos presentes deixe de sentir ese formiguillo incontible nos pés e ese profundo proído no peito que nos fai ceibar un aturuxo e botarnos a bailar un agarradiño coma tolos, ou un solto como podemos. Iso é Quempallou, a festa galega coa calidade que requiren os tempos, sen nos esquecer de nada, nin de ninguén.
Esperamosvos a todos en Matamá. Saúde e Terra.