Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / CMTFL / 5º Aniversário Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalin

5º Aniversário Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalin

CMTFL

O Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalín celebra o seu quinto aniversário cunha série de actividades e concertos.



Mais información

www.folque.com

Un dos mais grandes músicos que deu Galiza ao mundo foi o violinista Manuel QUiroga de Pontevedra "o meigo do violino". Toda unha biografia a coñecer, a plasmar na música ou no cinema: en EEUU facian garabatas co seu nome, tocou en todas as grandes cidades europeias, os veciños de Pontevedra levanno en brazos ata a sua casa materna cando voltaba dunha xira... Manuel QUiroga representa o explendor musical de Galiza no mundo. A técnica, a calidade, a creación, o talento, o temperamento no meigo meiguinho do violino.
Á pergunta intelixente de cal era o seu segredo como músico, o sr. Quiroga contestou: "Muita arte e un pouquiño de amor"


5º aniversario do CMTF.
5 anos de traxectoria, centos de actividades na comarca e no pais, centos de persoas -artistas ou non- que pasaron por Lalín,
centos de melodias e harmonias foron creadas e interpretadas, centos de horas de xestión e pensamento, centos de intelectuais que
fixeron referencia ao CMtF, centos de alumnos/as,centos de estranxeiros/as aprendendo música galega e tocando con nós...muita arte e un pouquiño de amor que todos/as puxeron e puxemos.

Este é o programa do aniversario donde se tocará, rememoraremos unha figura da música galega o sr. Pucho Boedo, escoitaremos á creatividade dos nenos e nenas da Escola Folque Infantil, e ao final teremos un Serán Urbán con certo baile. Un serán para bailar lentas e agarradas, rir, coñecer xente , escuitar e tocar quen quixer.

Gostarianos vervos ali gozando da nosa ampla e variada cultura musical.

Organiza: As. CMTF. Promove o Patronato Cultural de Lalín.
Colaboran: Taberna Rua, Cervexeria Segrel, Taberna del Tuerto, O Asturiano, Restaurante La Molinera, Bar Chanqueiro, Cervexeria Laxeiro, Taberna Café, O grolo do Tolo e o Maloka.