Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Éxito rotundo da I Romaria da Música Tradicional

Éxito rotundo da I Romaria da Música Tradicional

Festivais, Foliadas, Romarías

O sábado 11 de xuño de 2005 tivo lugar en Pontevedra a "I Romaria da Música Tradicional". Podemos calificar o acto de éxito rotundo, sendo unha proba clara de que a música tradicional na província de Pontevedra está viva e goza de moi boa saude.


Mais información
O sábado 11 de xuño de 2005 tivo lugar en Pontevedra a "I Romaria da Música Tradicional". Podemos calificar o acto de éxito rotundo, sendo unha proba clara de que a música tradicional na província de Pontevedra está viva e goza de moi boa saude.

Na mesma participaron numerosos grupos da província de Pontevedra (mais de 50) e tamén unha representación do bon facer das demais províncias da Galiza. Outros moitos grupos, colectivos, asociacións e persoas a título individual non puideron estar en corpo por diversas razóns, manifestando o seu apoio incondicional a esta actividade promovida pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Durante todo o dia houbo grande animación e festa polas ruas da cidade onde infinidade de viandantes solicitaban información por esta mostra estensiva de música tradicional.

Durante mais de 12 horas, houbo festa no Palco sito na Alameda de Pontevedra, onde os slogans mais coreados foron

Pontevedra ten tradición e para mostra ... chega un roncón
Galiza ten tradición e para mostra ... chega un roncón

Coa participación dos grupos que aparecen na nova correspondente e, ademais, grupos que a última hora se achegaron polo Palco que, grazas ao compañeirismo que houbo durante toda a xornada, tiveron a oportunidade de deixar constáncia da sua calidade artística. Entre outros, Xironsa e Os do fondo da Hucha.

Como conclusión e atendendo a todos os compañeiros que puidero n desfrutar desta Romaria, comeza-se a pensar en dar-lle continuidade, sempre e cando se conte co apoio das institucións públicas.

La Voz de Galicia, Domingo 12/06/2005,
La Romaría Tradicional reúne a medio centenar de grupos
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3809252&lnk=ROMERIA

La Voz de Galicia, Domingo 12/06/2005,
De romería en la Alameda
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3809383&lnk=ROMERIA


Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos quixeramos agradecer a vosa presenza, física cando foi posible, na exitosa I Romaria da Música Tradicional que tivo lugar o sábado 11 de xuño na Alameda de Pontevedra.

Temos que desculpar non ter respostado individualmente a todos os correios de apoio recibidos, que foron tan numerosos que fixeron imposible dita resposta. Tamén temos que agradecer a axuda de moitos de vós en distintos aspectos organizativos.

Manteremos-vos informados en xeral das nosas liñas de actuación e, en particular, pontualmente das conversas que vaiamos mantendo tanto coa Deputación de Pontevedra canto coa Asociación Gallega de Bandas de Gaitas e Percusión de la Provincia de Pontevedra.