Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / IV ENCONTRO DE ZANFONA CONTEMPORÁNEA NARÓN-FERROL

IV ENCONTRO DE ZANFONA CONTEMPORÁNEA NARÓN-FERROL

Varios

Diferentes linguaxes e estilos pero un mesmo concepto: a música contemporánea, a do noso tempo, a irreverente, a inconformista. O centro do mundo zanfoneiro está na Ferrolterra por un fin de semana, será o 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo. Con certeza, a meirande concentración de zanfonistas da Península e unha das máis específicas de Europa.

Instrumento milenario, sintetizador medieval, máquina de sons de xograres, cegos e romarías que hoxe acadou unha alta sofisticación. É precisamente Valentín Clastrier o seu renovador; o gurú que mudou o concepto de instrumento “tradicional” e o levou técnica e estilisticamente a cotas inimaxinables hai tres décadas. O seu maxisterio influíu profundamente nas xeracións seguintes e Matthias Loibner e Germán Díaz son un dos mellores exemplos da continuidade deste estilo inquedo e contemporáneo. Tres Mestres que comparten a zanfona como medio de expresión artística.

Este IV Encontro é a edición máis completa, universal e experimental de todas as celebradas. Os apaixonados do instrumento non terán oportunidade de ver xuntos estes tres xenios en moito tempo e en calquera outro lugar.

Inclúese o espectáculo “Proyecto Miño” presentando o seu CD. O contrabaixista local Baldo Martínez lidera unha formación internacional de 1ª liña que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Valentín Clastrier e Germán Díaz formarán parte da ensemble.
Tamén no marco máxico do Teatro Jofre, os virtuosos Matthias Loibner e Germán Diaz tocarán en solitario.

O encontro complétase cun curso práctico intensivo de Valentin Clastrier no Mosteiro de Baltar (Narón) onde ensinará seu método para a técnica interpretativa da zanfona. Ademais das horas lectivas, será una magnífica ocasión para o intercambio de ideas e convivencia dos asistentes.

O sábado á noite no propio mosteiro organizarase un palco aberto a zanfonistas –solistas ou en formación con outros instrumentos- e jam session onde calquera instrumento será benvido. En fin, o mellor Encontro ate agora que pon a Ferrol e Narón no mapa da Europa zanfoneira cunha edición memorable.

Está organizado por la Asociación de Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Galicia, e promovido polos Padroados de Cultura dos concellos de Narón e Ferrol.

Mais información HORARIOS:

- VERNES, 29 FEBREIRO. Teatro Jofre. Ferrol. 20.30h

BALDO MARTÍNEZ GRAND ENSEMBLE. Concerto ProjectoMiño.
Invitado: ValentinClastrier

- SABADO, 1 MARZO. Mosteiro de Baltar. Narón

Curso con Valentin Clastrier. 10 - 19.30 h
Palco aberto para músicos / Jam session. 21.30h

- DOMINGO, 2 MARZO. Mosteiro de Baltar. Narón

Curso Valentin Clastrier. 10 – 14h
Concierto. Germán Díaz / Matthias Loibner. Teatro Jofre. 20.30 h.

PREZOS DE PARTICIPACIÓN:

-Curso: 70/60€ (asociados ao CMTF)
-Estancia:60€ (comidas/camas en réxime de albergue no Mosteiro Baltar mais transporte a concertos)

DETALLES DO ENCONTRO:

-CURSO DE PRAZAS LIMITADAS
-O curso inclúe entradas a concertos
-Estancia: dende venres 18 h ate domingo serán.
-Transporte: Bus entre o Teatro e o Mosteiro.
-Prazas para acompañantes (non atenden curso) existentes pero limitadas.
-Os músicos do palco aberto terán manutención de balde toda a fin de
semana.
-Inscrición para o palco aberto a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

INSCRICIÓN:

correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Fax: 981 384 829
Tlf: 981391144

Para inscribirse no curso é necesario enviar un fax ou un correo electrónico cos seguintes datos:

- Nome e apelidos
- Correo electrónico
- Nº de teléfono
- Xustificante de ingreso na conta: 2091-0235-59-3110000031, de Caixa Galicia