Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / IV FESTA RACHADA A BAÑA 2005 9 DE XULLO NA ÁREA RECREATIVA AGRA DE CHANS

IV FESTA RACHADA A BAÑA 2005 9 DE XULLO NA ÁREA RECREATIVA AGRA DE CHANS

Festivais, Foliadas, Romarías

IV FESTA RACHADA A BAÑA 2005
9 DE XULLO NA ÁREA RECREATIVA AGRA DE CHANS

Os interesados/as poden poñerse en contacto con Emilio Lois no teléfono: 696 740 502


Mais información
IV FESTA RACHADA A BAÑA 2005
9 DE XULLO NA ÁREA RECREATIVA AGRA DE CHANS

Os interesados/as poden poñerse en contacto con Emilio Lois no teléfono: 696 740 502

Este mensaxe foi dirixida á Asociación Galega de Artesans, quen a fixo chegar á Asociación de Gaiteiros Galegos. O convite para o xantar é para os artesans, e o resto dos participantes axudarán a recuperar as merendas nas romarias levando a sua própria comida.

A festa baséase na música tradicional, con grupos tocando durante o dia polo medio da xente a modo de romaria e a xente quédase a comer alí. A feira de artesanía é o 1º ano que se fai, e vai ser todo o dia (segun os artesans queiran).

O lugar é unha área recretiva á beira dun rio e a maior parte da xente se agarda que acuda pola tarde. Os postos vanse poñer por debaixo dos carballos (á sombra) e en caso de que chovese, se suspendería. Os puestos os pode montar a organización, pero o que o poida levar, mellor.

11:00 FEIRA DE ARTESANÍA TRADICIONAL; na que contaremos con artesáns de instrumentos, alfareiros ,cesteiros, sombreireiros, artesanía en coiro, prata , vidro etc.

12:00 PASARRUAS CON CABEZUDOS CO GRUPO “VIRAVOLTA TÍTERES” DE LALÍN.

13:00 ACTUACIÓN DOS GRUPOS:
GRUPO DE GAITAS “OS PEQUENOS DA BAÑA”.
“VIRAVOLTA TÍTERES” CO ESPECTACULO “TITIRITEIROS” .
GRUPO DE BAILE TRADICIONAL “FONTEIRIÑAS” DE SAN MAMEDE DE MONTE.( A BAÑA).

14:00 XANTAR CAMPESTRE. Animádevos a trae-las merendas e acompañarnos neste cantar. Os compoñentes da merenda que mais participe nas actividades e troula, levarán un xamón de agasallo.

16:30 ACTUACIÓNS E ACTIVIDADES Ó LONGO DO SERÁN:
GRUPOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL:
“A REQUINTA DA LAXEIRA” DE SAN MIGUEL DE SARANDÖN.
GRUPO DE BAILE “BRINCADEIRA” DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
CHARANGA “OS CAMPANTES DA BAÑA”.
“OS CARUNCHOS” DE VIGO.
“LINHO DO CUCO” DA ESTRADA.
“OS ESTALOTES” DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

E A COLABORACIÓN ESPECIAL DE “TIRULEQUE” DA CORUÑA.
ACTIVIDADES E REPRESENTACIÓNS:
“VIRAVOLTA” DE LALÍN.
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS DA NATUREZA.
OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL.
XOGOS POPULARES.

E POLA NOITE:
- RIFA DUN MANTON DE MANILA.
- CONXURO DA QUEIMADA.

¡¡¡A TROULA CONTINÚA!!! E OS QUE SAIBADES TOCAR ALGÚN INSTRUMENTO, NON
DUBIDEDES EN ACOMPAÑARNOS CON ÉL.

ORGANIZA: ASOCIACION CULTURAL “ O TILLEIRO”.
COLABORA:
- ASOCIACIÓN CULTURAL “ A EIROA”.
- CONCELLO DA BAÑA.
- FUNDACIÓN CAIXA GALICIA.
- FEIRACO.
- ASOCIACIÓN CULTURAL FONTEIRIÑAS
- RADIO NEGREIRA.