Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Encontros de Música Tradicional no Carboeiro (4 de xuño de 2005)

Encontros de Música Tradicional no Carboeiro (4 de xuño de 2005)

Festivais, Foliadas, Romarías

E.L. (encontros limitados de música tradicional)
4 de xuño do 2005
No Mosteiro de Carboeiro ( Silleda)
Dende a sesión "vermú" ata que o corpo aguante...
Haberá churrasco, bocatas, alcohol vario e acampada
E Tamén haberá artesáns, contacontos, cegos, xogos, títeres...e por suposto moita música e baile tradicional!!!


Mais información

E.L. (encontros limitados de música tradicional)
4 de xuño do 2005
No Mosteiro de Carboeiro ( Silleda)
Dende a sesión "vermú" ata que o corpo aguante...
Haberá churrasco, bocatas, alcohol vario e acampada
E Tamén haberá artesáns, contacontos, cegos, xogos, títeres...e por suposto moita música e baile tradicional!!!

Menú xantar: empanada, churrasco, ensalada, pan, viño, café e ghotas - 10 €

Fundamental que continuedes a ler!!!

Faltan xa poucos días para que a celebración dos Encontros de Música Tradicional que, este ano teñen algunha particularidade especial, tantas que nin sequera lles imos consevar o nome que tiñan até o de agora.

O problema vén xa do ano pasado. O Concello de Silleda que desde a primeira edición viña colaborando connosco e subvencionando unha boa parte dos Encontros, tíñanos comprometida unha cantidade de cartos e coa promesa de estar xa aprobada en Comisión de Governo. Finalmente iso non era certo e a pesar das nosas reiteradas peticións e protestas para que fose aprobada antes de rematar o ano, ao cabo non foi así, e unha vez rematado o ano en curso, xa sabes, “pasou o día, pasou a romaría”. Así as cousas, recibimos só unha terceira parte do apalabrado (e estamos falando de cartiños, eh), polo que non que damos “bailando” e cunha débeda máis que considerable con proveedores, colaboradores, etc.. Mais aínda así decidimos buscar cartos debaixo das pedras e tirar igual para adiante con Encontros, a pesar de quedar mal con moita xente e de arriscarnos a endebedarnos mesmo personalmente (como xa é o caso). Pero iso non foi todo.


Se xa era pouco problema, resulta que empezamos a preparar os Encontros e nos atopamos con que o Mosteiro de Carboeiro non só está en obras -igual que o ano pasado- senón que está literalmente “patas arriba”, con estructuras e materiais de obra por todas partes e absolutamente impracticable. Mais aínda así decidimos buscarlle acomodo fóra do própio Mosteiro e tirar igual para adiante coa Festa. Pero iso tampouco foi todo.


Unha vez dispostos a tirar igual para adiante coa organización dos Encontros, aínda que fose “tarde, mal e arrastro” e tentando non perder o noso compromiso coa música tradicional e particularmente con todos aqueles que nos apoian e cren en nós desde sempre, resulta que nos poñemos en contacto co Concello para ver se este ano si podemos contar co seu apoio este ano e de que xeito. Pois ben, estivemos a agardar por eles até tres e mesmo dúas semanas antes e, a pesar das súas boas palabras, atopámonos con que tiñamos que tirar para adiante e non podiamos seguir esperando nin un minuto máis. Así as cousas deicimos facer unha versión “de cinto apretado” dos Encontros, evitando calquera tipo de gasto e contando coa colaboración desientresada de toda esa xente que antes che comentaba e que cre tanto nesta xuntanza que prefire facela, aínda que sexa en versión reducida, que deixala esmorecer.


Por iso temos estes “Encontros Limitados”, que así lles chamamos. Non terán un programa tan completo como ti xa coñeces, pero a festa ímola montar igual e pódoche asegurar que música vai haber a esgalla. Ademáis serviranos para outro dos obxectivos que perseguimos este ano, poder recaudar cartos (para iso nós mesmos faremos o xantar e poñerémolo a prezos populares, amén da barra, etc...) para opder retomar con forza o ano que ben os nosos Encontros de Música Tradicional de verdade, sen Limitados nin chispas.


Motísimas grazas, un ano máis, pola túa colaboración.

Para calquera cousa que precises, pódesme localizar no

658 628 239.

Un bico.

Chus.

Pta. da Asociación Inter-Cultural Santa Ferreña dos Encontros de Música Tradicional.


Información adicional



Mais información adicional!