Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ORGANIZA UN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE NEGUEIRA DE MUÑIZ E DE BALEIRA.

A TRADESCOLA ORGANIZA UN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE NEGUEIRA DE MUÑIZ E DE BALEIRA.

Varios

 

cartaz cdtrad_baleira_negueira muiz - pq

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará o mércores día 17 de abril unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, achegarase ata o concello de Baleira, e na casa da Cultura impartirá unha nova xornada de música tradicional para escolares dos CEIP de Negueira de Muñiz e CEIP Plurilingüe Concepción López Rey. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

O concerto estará impartido polos mestres da Tradescola Branca Villares, Jose Manuel López e Xabier Iglesias, e nel amosaránselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.