Toda a programación, artesáns e artesás na 30 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas
Venres, 21 Xullo 2023 14:23
O universo dos instrumentos de música tradicional galega é amplo e excepcional: gaitas, si, pero tamén zanfonas, pandeiretas, pandeiros, birimbaos e frautas, tambores, cordas e ventos, etc. Sábeno ben na Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas que festexa en 2023 o seu trinta aniversario. Estamos ante unha das mostras de luthería máis antigas da península ibérica na que participan milleiros de persoas cada ano e que se celebra no marco do Festival de Pardiñas (Guitiriz). Desde a directiva da Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos (AGG), promotora da Mostra, falan dun momento excepcional na lutheria tradicional de Galicia. O programa do 30ª aniversario da Mostra foi presentado o venres 21 no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, nunha rolda de prensa na que interviron os artesáns Xaneco Tubío, Oli Xiráldez e Xosé Tunhas -presidente, vicepresidente e vogal da AGG- e, tamén, Alfonso Blanco Torrado, coordinador da Asociación Xermolos, organizadora do Festival de Pardiñas. Máis de trinta artesáns reservaron o seu stand para a 30ª Mostra de Instrumentos de Música Tradicional.
Na presentación do 30 aniversario da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, no Museo do Pobo, presentouse o trailer do documental “Labrando músicas”. Este é un traballo producido polos cineastas Olaia Tubío e Alejandro Gándara que, ademais, é o director artístico do mesmo; un filme documental que se suma á conmemoración de AGG, que narra a historia e intrahistoria da Mostra apoiándose en gravacións de arquivo pero, ademais, configura unha panorámica do traballo dos artesáns da música tradicional aquí e agora.
PROGRAMACIÓN 30ª MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
Sábado 5 agosto
11.30 Apertura da mostra
13.00 Sesión vermú: Concerto Xirolarrua, as gaitas de fol na costa vasca - Juan Mari Beltrán Argiñena, Fernando Jalón Jadraque.
14.00 Xantar
17.00 Pregón: Xaneco Tubío
18.00 Obradoiro de txalaparta: Juan Mari Beltrán Argiñena.
19.30 Concerto: Pandereteiras de Brincadeira
21:30. Peche da Mostra
Domingo 6 agosto
11.30 Apertura da mostra
12.00 Obradoiro de xogos bailados: Luis Prego
13.00 Sesión vermú: Concerto Cançons de Festa Major - Xavi Macaya i Jordi Aixalà
14.00 Xantar
17.00 Obradoiro de baile: Montse Rivera
18.00 Concerto: Os Carunchos
20.00 Sorteo (bases)
21.30 Peche da mostra.
*Durante a mostra haberá demostracións de construción de palletas e pallóns a cargo de Jaime Pena.
ARTESÁNS E ARTESÁS NA 30ª MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
- AGG / Asociación do baile e a música de tradición galega
- Adrián Pereiro / Luthier de corda frotada violín, viola e violonchelo / Cambre
- Alberto Pires / Gaitas / Pontesampaio
- Alfonso García-Oliva / Instrumentos musicais históricos e tradicionais / Navajeda - Cantabria
- Aragón y Parrado / Gaita irlandesa - Uilleann pipe / Guadarrama – Madrid
- Artesanía JMR / Instrumentos de percusión e accesorios musicais / O Pino
- Che Vázquez / Birimbaos, Trompas, Frautas e Instrumentos tradicionais / Brión
- DJB e Filla / Instrumentos de corda / Soutomaior
- Earan / Luthier / Pontevedra
- Fernando Meireles /Corda portuguesa e zanfonas /Coimbra
- Ferreiros de Mazonovo / Birimbaos e instrumentos de metal tradicionais / Santa Eulalia de Oscos
- Iago Salgado / Instrumentos tradicionais / Teo
- Jaime Pena / Artesán Palleteiro / As Pontes
- Jordi Aixalà Basora / Artesà d'instruments de música tradicional de catalunya / Tarragona
- José Catoira / Luthier / A Coruña
- Kepa Rubio / Luthier / Álava
- Lorena Reinaldo /Instrumentos de corda / Soutomaior
- Luís Martíns / Arpas / Soutomaior
- Manels Percusión / Percusión tradicional / Ordes
- Nebra / Gaitas e zanfonas / Porto do Son
- O Reberete / Vento e percusión tradicional / San Cristovo de Cea - Ourense
- Obradoiro Barciela /Gaitas/Carballal - Vigo
- Ocarinas Paparolo / Fabricación artesanal de ocarinas e asubios / Santiago de Compostela
- Oli Xiráldez / Gaitas e requintas / Calo - Teo
- Pablo Sánchez Otero / Construtor de Guitarras e outros Instrumentos de Corda pulsada / A Coruña
- Queima / Instrumentos tradicionais de vento e percusión / Redondela
- Serán Luthier / Luthier de zanfonas / Ferrol
- Suso Gestal / Instrumentos de vento / Abellá
- Tunhas / Percusión / Ames
- Txun-Txun / Instrumentos na música tradicional vasca / Euskal Herria
- V. Martín González / Luthier - Construción e restauración de instrumentos de corda / Vilaboa
- Xaneco / Percusión e zanfonas / Outeiro de Rei
- Xermán Arias / Luthería e zanfonas / Sarria