Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Fondo pesar polo pasamento de Manuel Miramontes Fandiño (Mestre Bartolo)

Fondo pesar polo pasamento de Manuel Miramontes Fandiño (Mestre Bartolo)

Varios

mestre bartoloHoxe temos que informar dunha triste nova para o colectivo da música tradicional.Dende a AGG queremos manifestar o noso fondo pesar polo pasamento de Manuel Miramontes Fandiño (Mestre Bartolo). Un dos portadores da música patrimonial, namorado da súa terra, e que sempre traballou pola nosa música tradicional tocando e formando a numerosos gaiteiros.

Nacido no 1934 no barrio de San Lázaro, tocou a gaita en Cantigas e Agarimos durante 30 años e no ano1970 fíxose cargo da escola de gaitas no colexio La Salle. Tamén fabricaba gaitas no seu taller á vez que dirixía a banda de Maruxía de Laxe.

Dende a AGG compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda. Que a Terra lle sexa leve.

 (Fotografía  EC - El Correo Gallego)