Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXIV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas

XXIV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas

Varios

domingomozas v3 - pqAsociación de Gaiteiras Galegas organiza co patrocinio da area de Cultura do Concello de LugoXXIV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas o vindeiro domingo 9 de outubro, mostra que contará coas actuacións de 13 grupos de música tradicional galega chegados dende distintas comarcas de Galiza, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os Grupos participantes nesta edición son: Aires do Coutado, Airiños do Eume, Candaira, o Cegho de Matamá e Aldariña de Candeán, Gargallada, Os Monifates, a Murga Cidade de Antioquía, as Pandeireteiras de Cantigas e Agarimos, Os Fondãos do Pífaro, Os Zanfoneiros da Tradescola, Seimeira, a Música de Cecebre e Cinco en Zocas!!!

Pola mañá os grupos sairán dende a Mosqueira ás 11.30 horas e tocarán polas distintas rúas  e prazas do centro urbán amurallado, ata as 13:30h. horas.

Nese momento, e tamén dentro da programación da XXIV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, dará comezo na Praza de Santa María, o Concerto de A Música de Cecebre (13.30 horas)!!!

Pola tarde repetiranse as actuacións de rúa a partir das 17.00 horas, para logo rematar ás 18.30 horas, e a esa hora, para rematar a mostra, poderemos desfrutar tamén na Praza de Santa María do Concerto de Cinco en Zocas (18.30 horas)!!!

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteiras Galegas  xunta ano tras ano aos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

Esperámoste en Lugo o vindeiro domingo día 9 de outubro para desfrutar coa nosa música tradicional !!!!