Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS AULAS DE MÚSICA, CANTO E BAILE TRADICIONAL O DÍA 5 DE SETEMBRO

A TRADESCOLA ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS AULAS DE MÚSICA, CANTO E BAILE TRADICIONAL O DÍA 5 DE SETEMBRO

Varios

trad iniciocurso_2022-2023 - copia2A Tradescola abre o 5 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso nas aulas de gaita, zanfona, acordeón, acordeón diatónico, baile tradicional, canto e pandeireta, pandeira, percusión, requinta, e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

A TRADESCOLA,  o centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional galego xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música e do baile tradicional, os mestres e mestras implicados no proxecto educativo da Tradescola son: Alberte Núñez(aulas de acordeón e acordeón diatónico)Bruno Villamor (aulas de gaita e requinta), Lucía Eiros (aulas de linguaxe musical), Xabier Iglesias (aulas de baile tradicional e de iniciación á música e o baile tradicional para nen@s), Jose Manuel López (aulas de gaita), Branca Villares( aulas de canto e pandeireta e pandeira), Roberto Rodríguez (aulas de canto e pandeireta), Germán Díaz (aulas de zanfona) e Miguel Anxo López Buján (aulas de percusión tradicional).

As aulas impartiranse nos locais do Centro Lug 2 e nos locais do Centrad de Lugo.

A matrícula permanecerá aberta en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas ata o 16 de setembro nos seus locais na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo.(Centro Lug2) ou no teléfono 982229966.

Se tes algunha consulta, ponte en contacto con nos no teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  

ESPERÁMOSTE!!!!