Xa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos da mostra de Pardiñas 2022
Luns, 04 Xullo 2022 07:51
Xa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos de música tradicional AGG - XXIX Mostra de intrumentos de música tradicional Pardiñas 2022 que se celebrará os días 6 e 7 de agosto en Pardiñas, Guitiriz , Lugo.
Os instrumentos que se sortean este ano son:
Unha gaita de buxo, e un lote de dous punteiros de fabricación aditiva (impresión 3D) (en tonalidades Do e Sol).
Serán froito, a gaita: do traballo colaborativo de "Os canallas", (Alberto Pires, Oli Xiráldez, Benito Queimaliños, Afonso Castro, Patricia González ) que de novo se volven a poñer mans a obra para crear este instrumento único para a ocasión, e o lote de dous punteiros de fabricación aditiva que é unha doazón do obradoiro de Suso Gestal.
Premiazos!!! Non pérdala túa oportunidade de conseguir un destes instrumentos!!!
Para adquirir a túa rifa podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 986.847.074 / 982.229.966 ou a través do mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
BASES SORTEO-RIFA XXIX MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS - AGG - PARDIÑAS 2022 (preme no título da nova)
1.- O presente sorteo-rifa está organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, asociación sen ánimo de lucro validamente constituída, e con CIF: G15208358.
2.- O presente sorteo-rifa ten por finalidade a recadación de fondos para contribuír a sufragar os gastos da XXIX Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas 2022.
3.- Pode participar no sorteo-rifa calquera persoa física que adquira un boleto de participación, pagando o correspondente prezo de 2€ o boleto.
4.- Poñeranse á venda 2.500 boletos. Cada boleto servirá como xustificante da venda deste e como comprobante á hora de reclamar os premios. A venda dos boletos rematará media hora antes do sorteo do domingo.
5.- Cada boleto contén un número de catro cifras, que é o que o posuidor ou posuidora xoga.
6.- Os premios do sorteo consisten en:
Unha gaita de buxo, e un lote de dous punteiros de fabricación aditiva (impresión 3D) en tonalidades Do e Sol.
Os devanditos premios non poderán ser cambiados polo seu valor en metálico.
No caso de requerirse o envío do premio, os portes correrán a cargo do premiado/a.
7.-Realizarase un sorteo o sábado e un sorteo o domingo. O primeiro día sortearase un lote de dous punteiros de fabricación aditiva (impresión 3D) en tonalidades Do e Sol e o segundo día sortearase unha gaita. Os sorteos celebraranse os días 6 de agosto (sorteo ás 19.30 horas) e 7 de agosto de 2022 (sorteo ás 19.30 horas) no escenario da Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas – Guitiriz – Lugo.
8.- Na rifa participarán todos aqueles boletos vendidos conforme ao establecido no punto 3 destas bases, a través das matrices dos boletos, que estarán en posesión da organización.
9.-A rifa extraerase ao azar, por unha persoa autorizada pola organización, en acto público.
10.-No caso de non aparecer o gañador no momento dos sorteos, realizaranse sorteos consecutivos cada 5 minutos ata que apareza o gañador.
11. @ agraciad@ dos premios terá que presentar, para recoller o seu premio, o orixinal do boleto, non sendo válidas nin fotocopias, nin boletos riscados, rotos ou emendados.
12. A rifa premiada no sorteo do día 6 de agosto non poderá participar no sorteo do día 7 de agosto.