Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Tradescola achégase hoxe ao CEE Santa María de Lugo

A Tradescola achégase hoxe ao CEE Santa María de Lugo

Varios

cartaz cdtrad_stamaria_web pqA Tradescola achégase hoxe ao CEE Santa María de Lugo, para impartir unha nova xornada de música tradicional. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola, Xabier Iglesias, Branca Villares, Lucía Eiros e Germán Díaz: No concerto amosaránselle aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.