Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ORGANIZA UN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE FOZ

A TRADESCOLA ORGANIZA UN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE FOZ

Varios

cartaz cdtrad_ocantel - copiaA Tradescola achegarase o vindeiro mércores 18 de maio ata o concello de Foz, concretamente ao CEIP O Cantel, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola, Roberto Rodríguez, Miguel Anxo López. Alberto Núñez e Bruno Villamor: No concerto amosaránselle aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.