Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Novo ciclo adicado á "Santa Gaita" no Recuncho da Palleta

Novo ciclo adicado á "Santa Gaita" no Recuncho da Palleta

Varios

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos trae un novo ciclo adicado á "Santa Gaita".

O repertorio da música tradicional, e particularmente o da gaita galega, está moi vencellado ás festas, a maioría no santoral. Moitos temas son pois coñecidos co título do santo ou santa correspondente que pode ter ademáis unha ubicación concreta e singular. Con este fío condutor é posible facer unha especie de cancioneiro da gaita que podemos bautizar como "santa gaita" e que demostra moi ben isto do que estamos a falar. Este tipo de denominacións dan por si mesmas unha información valiosa sobre a peza xa que achéganos seguramente ao contexto da inspiración orixinal e quizais á súa primeira utilización e ubicación. Un motivo interesante para organizar un repertorio da música tradicional lembrando as músicas das festas que as provocaron. Encetaremos polos santos do inverno elixindo aos máis salientables para a nosa intención: San Amaro, San Vicente, San Antonio e San Brais serán os primeiros convidados e Treixadura, Areeiras de Catoria, Terribles de Arousa, Irmandade galega de Venezuela e Abóbriga serán os grupos encargados de ilustrar sonoramente este primeiro capítulo con outras tantas pezas gravadas con esas dedicatorias.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas