Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Presentación da Banda de Gaitas “Cántigas e Frores”

Presentación da Banda de Gaitas “Cántigas e Frores”

Varios

Hoxe venres día 20 de maio ás 21:00 horas no Salón Rexio do Círculo das Artes terá lugar a presentación da Banda de Gaitas “Cántigas e Frores”

A asociación cultural “Cántigas e Frores” conta dende hai anos cunha escola de gaita e percusión tradicional. Froito desta escola e da colaboración con outras asociacións en entidades lucenses nace a Banda de Gaitas de “Cántigas e Frores”.

Esta Banda de Gaitas que emprega instrumentos, repertorio e ornamentación tradicional, está integrada por máis de 30 músicos que proveñen das diversas escolas de música tradicional da cidade de Lugo, ademais das da propia asociación .

A presentación da Banda de Gaitas de “Cántigas e Frores” ten por obxecto dar a coñecer á cidadanía, ás institucións públicas e privadas, e demais organizacións e entidades a existencia de esta formación e, ó mesmo tempo, ofertala para calquera acto que se organice e requira da presencia dunha agrupación de este tipo.


O repertorio elixido para dito acto, vai ser:

- Muiñeira da Grelada (E. Rei)
- Xota de Xestoso do Lor (Xesús Vaamonde Manteiga)
- Sobresaínte (Enrique Candal)
- Muiñeira de Visantoña (Xesús Vaamonde Manteiga)
- Vals do Miro (Repertorio dos “Vilaboa” da Pontenova)
- Muiñeira de Piornedo (Tradicional)
- Rumba de Vergara (Tradiconal)

Este acto está respaldado polo Colectivo en Defensa do Patrimonio Etnográfico Galego formado, entre outros, por: “Aulos” Escola de Música, Antonio (Rubén) (Artesán palleteiro). Antonio Franco (Artesán constructor de instrumentos) Asociación Cultural “A Gaita do Fol”. Asociación Cultural “A Volta do Agro”. Asociación Cultural “Alto Minho”. Asociación Cultural “Andaina”. Asociación Cultural “Cantigas e Frores”. Asociación Cultural “María Castaña”. Asociación Cultural “O Trasniño do bosque”. Asociación Cultural “Reviravolta”. Asociación de Gaiteiros Galegos. Bruno Villamor (Profesor de Gaita no conservatororio de Vilalba). Conservatorio de música do Colexo Fingoi. Conservatorio de música do Colexo Galén Grupo de Gaitas “Os Miñotos”. Lis (Artesán constructor de gaitas) Luciano Pérez (Artesán , investigador e coleccionista). Sito Carracedo (Artesán constructor de gaitas). Xaneco Tubio (Artesán constructor de instrumentos de percusión e zanfonas).