Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ORGANIZA NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE SAN MIGUEL DE REINANTE (BARREIROS) E DO INCIO

A TRADESCOLA ORGANIZA NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE SAN MIGUEL DE REINANTE (BARREIROS) E DO INCIO

Varios

cartaz cdtrad_s.m.reinante_webA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará esta semana novas actividades de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, o vindeiro mércores 2 de xuño achegarase ata o concello de Barreiros, concretamente ao CEIP San Miguel de Reinante e o venres día 4 de xuño estará no CEIP Ricardo Gasset do Incio para impartir unhas novas xornadas de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, e poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.cartaz cdtrad_oincio

En San Miguel de Reinante ralizaranse dous concertos, que estarán impartidos polos mestres da Tradescola, Roberto Rodríguez, Miguel Anxo López. Alberto Núñez e Bruno Villamor.

No Incio realizarase un concerto que impartirán os mestres Jose Manuel López, Lucía Eiros e Branca Villares. Nos concertos amosaránselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Os concertos didácticos realizaranse no exterior e cumprindo todas as medidas fronte á Covid 19.