No vindeiro Recuncho da Palleta presentaremos a segunda edición do libro "Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega"
Venres, 12 Febreiro 2021 16:46
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Alberto Pires que será o encargado de presentar a segunda edición de "Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega", a magnífica obra biográfica sobre o inesquecible gaiteiro de Viascón escrita por José Luís Calle e que saira do prelo no ano 1988.
Tanto tempo despois volta a ver a luz unha nova edición ampliada, na que o propio autor fai unha análise do legado que Portela nos deixou e da pegada imborrable que en nós deixou a sua figura.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.