Alborada para Rosalía!! Anímate a participar!!
Venres, 12 Febreiro 2021 10:21
Que tal se lle botamos unha alborada?
Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e a Fundación Rosalía volvemos a organizar a Alborada para Rosalía de Castro. Este ano non poderemos xuntarnos nin sair tocar ás rúas, camiños ou prazas coma nas pasadas edicións, pero si podemos saudar o Día de Rosalía coa alegría da música, coa esperanza da Alborada.
Por iso chamamos a todos os gaiteiros e gaiteiras e ao mundo da música en xeral a celebrar o Día de Rosalía neste 24 de febreiro tan especial. Que a pandemia non nos silencie!!
Como participar?
- Grava un vídeo botando unha peza na honra de Rosalía (pode ser a Alborada de Rosalía, outra alborada, un cantar que ti elixas...)
- Compárteo nas redes sociais, entre os días 19 e 24 ao mediodía, co cancelo #AlboradaparaRosalía.
- Etiquétanos á AGG e á Casa de Rosalía.
- Entra no mapa (https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/alboradas-a-rosalia/ )e coloca a túa localización.
- Se queres, tamén nolo podes contar por whatsapp ao tlf. 626705708 ou por correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
O día 24 compartiremos os teus vídeos para inundar as redes en homenaxe á Rosalía.
Dúbidas? Mándanos un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Onde descargar a Alborada de Rosalía?
Letra: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2013/02/LetraAlborada.pdf
Partitura: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2013/02/PartituraAlborada.pdf
Manifesto: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2021/02/manifesto-alborada-2021.pdf
Anímate a participar e a difundir esta actividade para conseguir que non quede ningún recuncho de terra sen o son da nosa música na honra de Rosalía.
Viva Rosalía! Avante a Alborada!