Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2020

Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2020

Varios

emilioespanhaderopazA Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, X. Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para someter á consideración da Asemblea Xeral recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2020 respectivamente a  Batuko Tabanka e a Emilio Españadero. A Asemblea aprobou as propostas, e a entrega destas distincións terá lugar na V Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria a celebrar en Lugo co apoio do Concello de Lugo o 30 de maio.

Parabéns a Batuko Tabanka e por suposto ao noso compañeiro Emilio Españadero por tan merecido premio!!!!

Fotografía: CRTVG