Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XVIII Xornadas Blanco Freijeiro de arqueoloxía, arte e historia

XVIII Xornadas Blanco Freijeiro de arqueoloxía, arte e historia

Varios

 

cartel-19-bajaA partir do vindeiro luns 25 de novembro terán lugar en Marín as XVIII Xornadas Blanco Freijeiro de arqueoloxía, arte e historia, que cada ano organiza o CONCELLO DE MARÍN e coordina Anta de Moura. Este ano as xornadas, que levarán por título PER MUSICAN HISTORIA, terán como argumento central a música, tratada desde unha perspectiva histórica.

Realizaranse na Biblioteca Pública Municipal “Vidal Pazos” e a inscrición é gratuíta. Aínda que a clausura terá lugar o día 29 ás 21:30 h., o día 1 de decembro os participantes nas mesmas terán a oportunidade de visitar o Pórtico da Gloría da Catedral de Santiago de Compostela, obra do Mestre Mateo.
Para máis información e incripciones:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo