Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / XX Memorial Ricardo Portela

XX Memorial Ricardo Portela

Varios

memorial ricardo_portela_2019 - pqO venres 12 e o sábado 13 de Xullo de 2019 terá lugar na cidade de Pontevedra o Memorial Ricardo Portela. Este memorial organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Concello de Pontevedra, naceu hai 20 anos coa finalidade de honrar ao Gaiteiro de Viascón, firme defensor da dignidade da gaita e do gaiteiro e mestre recuperador da forma de interpretar este instrumento en toque pechado.

Durante os dous días nos que transcorre o Memorial, ademais da Mostra de artesanía de instrumentos tradicionais e das actuacións de escenario, as rúas de Pontevedra encheranse de música tradicional con pasarrúas na tarde do venres e durante toda a xornada do sábado, de xeito que cada persoa que pasee pola cidade poida gozar coa nosa música, e ademais ao xeito do Gaiteiro de Viascón, en toque pechado.

Queremos agradecer ao Concello de Pontevedra o seu compromiso coa nosa cultura, que fai posible coa súa colaboración e apoio que cada ano se poida seguir celebrando este Memorial.
Este ano o Memorial Ricardo Portela renderá homenaxe a Constante Moreda nun acto que se celebrará o sábado 13 de xullo ás 21.00 horas no esceario da Praza da Ferraría.

Para rematar as xornadas, contaremos coas actuacións dos Viqueiras o venres ás 21.00 horas e do Coro Cantares do Brión o sábado ás 21.15 horas.

Na Mostra de artesáns poderás coñecer a gran calidade do traballo de algúns dos mais recoñecidos constructores de intrumentos tradionais do noso país:

Xaneco, Oli Xiráldez, Master Gaita, Alberto Pires, Queima, O Chilro, Foliqueiras, Afonso Castro, Diego Langarika, Lorena Reinaldo, Luis Martínez e Tunhas.

Programa completo:

Venres 12 de xullo (Praza da Ferraría)

De 17.00h. a 21.30h. - XVII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

17.30h. a 20.30h. - Pasarrúas: Axio Mouro, Ghaiteiras d´Arredor, Iván Costa, Os Carunchos e os Gaiteiros das Rías Baixas.

21.00h. - Concerto: Os Viqueiras

Sábado 13 de xullo (Praza da Ferraría)

De 11.30h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.30h. - XVII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

            Pasarrúas:

Maña de 11.30h. a 13.30h.: Cántigas e Frores, Lubicáns, Meiró, Os Millarancos e Picuiña.

Tarde de 18.00h. a 20.30h.: Cántigas e Frores, Lubicáns, Meiró, Os Millarancos e Picuiña.

Escenario:

21.00h. - Homenaxe a Constante Moreda Vázquez.

21.15h. - Concerto: Cantares do Brión