Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Dorothé Schubart no Museo do Pobo Galego

Dorothé Schubart no Museo do Pobo Galego

Varios

dorotheNo marco do Día das Letras Galegas, o Museo do Pobo Galego acolle a presentación do libro "Os cantos do mar. Mosaicos de anacos de tempos moi remotos" de Dorothé Schubarth. Será hoxe, día 15 de maio ás 20h e nela, ademais de contar coa presenza da autora, haberá música ao vivo e lecturas de diferentes fragmentos do libro.

A musicóloga Dorothé Schubarth é coautora, xunto con Antón Santamarina, do "Cancioneiro Popular Galego", patroa honoraria do Museo e unha importante colaboradora do APOI do Museo do Pobo Galego, onde se arquiva o material de música tradicional que recompilou por Galicia.
Os cantos do mar. Mosaicos de anacos de tempos moi remotos é un libro de ficción que pretende por no seu entorno algunhas das cantigas populares galegas.