No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Os Carapaus
Mércores, 28 Marzo 2018 16:02
Homenaxes, Premios, Recoñecementos, ....
No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Os Carapaus. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia
Os Carapaus – Conservas de Música Tradicional
No ano 2012 publícanse as Conservas de Música Tradicional, primeiro traballo discográfico de Os Carapaus. Un grupo versátil que fai a festa no turreiro, na corredoira, na praza ou dende o escenario. Naquela primeira propostas musical de Os Carapaus participaron: Emilio Lois, gaiteiro da Baña, mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestre de baile tradicional; Sabela Galbán (voz e acordeón), estudante de frauta traveseira no Conservatorio de Música Superior da Coruña, e Adrián Lareo (bombo e voz).