Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Obradoiro de xoguetes sonoros (AGG) no mercado de primavera de Ferreira do Valadouro

Obradoiro de xoguetes sonoros (AGG) no mercado de primavera de Ferreira do Valadouro

Varios

obradoiro xoguetes valadouroMañá sábado a AGG estará no Mercado de Primavera de Ferreira do Valadouro a través dun obradoiro de xoguetes sonoros que impartirá Xaneco. Este obradoiro, que terá lugar ás 17.00 horas na Praza de santa María, ten o obxectivo de aprenderle aos nenos do século XXI, unha serie de xoguetes sonoros que os nenos galegos, de ata mediados do século XX, facían aproveitando os elementos que a natureza lles proporcionaba.
Trátase dunha serie de tres xoguetes recollidos da tradición popular galega, que ata hai ben pouco se transmitiron dunha xeración a outra, normalmente eran os avós, os que lles aprendían aos netos a fecelos. Non podedes perdelo!!! pasaremos lista!!!