Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / A Volta do Agro actuará na XX Recolleita da sala Clavicémbalo

A Volta do Agro actuará na XX Recolleita da sala Clavicémbalo

Varios

recolleita 2017 2O vindeiro venres día 15 de setembro ás 23:30 o grupo de música e canto tradicional A Volta do Agro (Lugo) actuará un ano máis na sala Clavicémbalo (Rúa dos Paxariños 23- Lugo) dentro da programación da XX Recolleita. Será unha noite para gozar da música e do baile tradicional, mais tamén de colaboración solidaria, xa que o recadado na billetería será doado integramente á Sociedade Protectora de Animais de Lugo. O custo da entrada será de tan só 3 euros. Animádevos!!!