Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Concerto fin de curso da TRADESCOLA

Concerto fin de curso da TRADESCOLA

Varios

concertofincurso trad_16-17-01 - pqO vindeiro xoves día 22 de Xuño a partir das 19.30 h, celebraremos o final de curso cun concerto que terá lugar na Praza de Anxo Fdez. Gómez (Lugo). Esta actividade na que actuarán alumnos e profesores da Tradescola porá peche ao curso 16/17.

A Tradescola, que contou neste curso con máis de 250 alumnos matriculados, conta no seu equipo docente con 10 recoñecidos mestres do eido da música tradicional que son os encargados de impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

PREINSCRICIÓNS E MATRICULAS NA TRADESCOLA

Lembrámosvos que está aberto o prazo de matrícula (para alumnado da Tradescola) e de preinscrición (alumnado de novo ingreso) para o vindeiro curso nas aulas de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal ademais das aulas específicas para os máis pequenos e aulas do itinerario profesional que imparte nos seus locais na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo, (Centro Lug2).

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) segue a traballar día a día na busca de xeitos de mellora para acadar os seus obxectivos finais, promocionar e transmitir a música, o canto, o baile e outras tradicións culturais galegas. Froito deste traballo, a AGG continúa coa ampliación no vindeiro curso do proxecto da Tradescola  coa posta en marcha do novo itinerario profesional que terá como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación coa que garantir a cualificación dos futuros profesionais que serán quen de continuar coa transmisión e exposición do noso patrimonio. Este novo itinerario impartirase paralelamente ás aulas xa existentes, que continuarán como en anos anteriores.

Na escola poden inscribirse alumn@s a partir de 4 anos, en niveles de iniciación ou perfeccionamento.

As clases impártense en horario de tarde*, de luns a venres, e o curso iniciarase o vindeiro 18 de setembro.(algunhas materias contan tamén con horarios de mañá)

Podes solicitar máis información e facer a túa matrícula durante o mes de xuño nos locais da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira Nº4 – Lugo), chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

OBRADOIROS DE VERÁN

A TRADESCOLA organiza tamén para os vindeiros meses de verán OBRADOIROS DE MÚSICA, BAILE E XOGOS TRADICIONAIS PARA NEN@S. Se tes nen@s de entre 4 e 12 anos e queren pasalo ben este verán desfrutando coa música e o baile tradicional, non perdades os talleres que se impartirán dende o día 26 DE XUÑO na Tradescola!!!

Duración dos talleres: do 26 de xuño ao 8 de setembro. (Posibilidades de matrícula por semana)

Horario de 9.00 a 14.00 horas (*consulta o plan madruga se tes que chegar antes)

Lugar:Tradescola (Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo)

Grupos:

De 4 a 7 anos (máximo 10 prazas)

De 8 a 12 anos (máximo 10 prazas)

(mínimo 5 prazas/grupo)

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira  Nº 4 - LUGO). TLF 982229966 mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo