Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A A.C. XACARANDAINA ORGANIZA A XVII ROMARÍA DO LECER

A A.C. XACARANDAINA ORGANIZA A XVII ROMARÍA DO LECER

Varios

romariaxaca2017A XVII Foliada e Romaría do Lecer  que  organiza a Asociación Cultural Xacarandaina no marco do Anfiteatro do Parque de Sta. Margarida, celebrarase na Coruña os vindeiros sábado e domingo días 17 e 18 de xuño.

O sábado día 17 de xuño realizarase, como anticipo á ROMARÍA, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a FOLIADA. Será ás 19:00 h. cando inicien os Obradoiros de música e baile para todo o público asistente e, de seguido, dará comenzo a FOLIADA INFANTIL. Ás 21:00 h. empezarase coa FOLIADA DE ADULTOS, onde participarán grupos de toda a comunidade. No caso de estar interesados en asistir á mesma deberanse anotar a través do correo electrónico da Asociación: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

foliadaxaca2017Este evento inclúese na celebración da ROMARÍA DO LECER do domingo 18 de xuño, que acada xa a súa décimo séptima edición. O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, acordeón, guitarra... este ano además estará como grupo convidado o grupo A Ponte Vella de Teo en horario de mañá e durante todo o día na Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco…

Non faltedes!!!