Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Obradoiro de música tradicional para instrumentos de corda

Obradoiro de música tradicional para instrumentos de corda

Varios

obradoiro de carlos beceiro-pqO SÁBADO 29 DE ABRIL en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas celebrarase un Obradoiro de Instrumentos de Corda que vai a impartir o músico CARLOS BECEIRO no Real Coro “Toxos e Froles". 

Este obradoiro vai dirixido a instrumentistas de cualquera nivel musical. Non se precisa saber ler unha partitura. O material didáctico aportado será tamén con tablatura

Contido do curso:

- Repertorio de música tradicional.

- Patróns rítmicos, arpexio, técnica de plectro.

- Formación de acordes, dixitación, melodía.

- Seguimento de melodías e ritmos tradicionais: xota, muiñeira, polka, ...

- Adaptación do repertorio de gaita, tamboril, zanfona a instrumentos de corda pulsada.

- Compases irregulares: 7/8, 9/8, 10/8, 11/8, 13/8.

- Acordes swing/jazz na música tradicional.

- Análise melódico e diferentes formas de armonizar.

- Afinacións alternativas en instrumentos de corda: Guitarra (EADGBE, DADGAD, CGCGCD, CGDGGD); Bouzouki (GDAE, GDAD, GDGD, ADAD), … INSCRICIÓN GRATUITA

Máis información: http://www.toxosefroles.com/