Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXII Xantar Gaiteiro, o 26 de marzo en Rianxo

XXII Xantar Gaiteiro, o 26 de marzo en Rianxo

Varios

xxii xantargaiteiro3-01A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s ten o pracer de convidarte ao tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta 22ª edición celebrarase no Concello de Rianxo o vindeiro 26 de marzo.

Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Ademais, queremos aproveitar a celebración para render unha merecida homenaxe a Xosé Romero fundador do mítico grupo Os Rosales, e a Maruxa Miguéns quen durante máis de corenta anos, marcou o ritmo coa percusión, e lle deu un estilo especial ao grupo cando comezou a cantar.
O programa será o seguinte:

12:00h. Homenaxe a Maruxa Miguéns e Xosé Romero (Os Rosales). O acto terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Rianxo (Paseo Ribeira, 120).

13:00h.Roteiro polos bares.

14:30h. XXII Xantar Gaiteiro no restaurante Casa Pachín (Ourolo, 107 - TARAGOÑA).

MENÚ : Cocido, postre, chupito e café.

Viño, refrescos e augas

PREZO : 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.

Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 22 de marzo.

Mais información e reservas nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Non faltes!!!!!Esperámoste!!!