Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A ASOCIACI@N DE GAITEIR@S GALEG@S PROPÓN UNHA PROGRAMACIÓN DE MÚSICA TRADICIONAL NO CONSELLO MUNICIPAL DE CULTURA DE LUGO

A ASOCIACI@N DE GAITEIR@S GALEG@S PROPÓN UNHA PROGRAMACIÓN DE MÚSICA TRADICIONAL NO CONSELLO MUNICIPAL DE CULTURA DE LUGO

Varios

agg-reducidoA Asociaci@n de Gaiteir@s Galeg@s (AGG), levou á reunión do consello municipal da cultura de Lugo, a proposta de incluir unha programación de música tradicional para os meses de verán ofrecendo así unha oportunidade única para amosar a nosa riqueza cultural que de seguro será obxecto de moitas olladas e que ten moito que ofrecer aos visitantes da nosa cidade.

Unha parte moi importante e característica da música tradicional galega, é a súa interpretación en vivo, sen medios técnicos, nunha perfecta interacción tanto co medio no que se está a tocar como co público que escoita, por iso, dende a AGG entendemos como un esceario ideal para este cometido a participación de grupos de música tradicional galega nunha programación que amose a nosa esencia musical a través de diversas actuacións en formato acústico, nas que se inclúan formacións tradicionais galegas como poden ser cuartetos, murgas, cantareir@s, grupos de baile,…, que fagan que Lugo sexa un referente en toda Galicia e un modelo a seguir para a integración da música tradicional nas vilas galegas.

A proposta foi ben acollida, e dende a AGG esperamos que se faga efectiva durante o verán.