Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Entroidanzas no Museo do Pobo Galego

Entroidanzas no Museo do Pobo Galego

Varios

entroidanzasO mércores 15 de Febreiro terá lugar no Museo do Pobo Galego o obradoiro de danzas de Entroido "Entroidanzas".  Dende as 18h ás 19h30 terá lugar un obradoiro de danzas de Entroido de distintas partes do mundo que impartirá Montse Rivera e Mercedes Prieto.

Baseado no novo traballo de Pesdelán, neste curso  bailaremos cos folións de Ourense, seremos demos das rúas de Lima, andaremos como os corcovados do centro de Italia, moveremos os coloridos paraugas do Frevo de Pernambuco... En definitiva, gozaremos co espírito do Entroido ao mesmo tempo que faremos exercicio, coñeceremos músicas e xeitos de celebrar esta festividade en distintas partes do mundo.

Dirixido docentes e a persoas interesadas sen necesidade de coñecementos previos, a inscrición é de balde pero deberá realizarse con antelación a través do mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

(o obradoiro conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e as prazas son limitadas).